A Memoria, a Historia e a Política
A Esquecida Polémica Cela Versus Paz-Andrade Sobre a Lexitimidade
Fernández Prieto, Lourenzo / Villares Paz, Ramón
Discurso lido o día 3 de xuño de 2023 no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Lourenzo Fernández Prieto e resposta do excelentísimo señor don Ramón VillaresO solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 3 de xuño de 2023 no Teatro Jofre de Ferrol.O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Sa...
Sinopse
Discurso lido o día 3 de xuño de 2023 no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Lourenzo Fernández Prieto e resposta do excelentísimo señor don Ramón Villares
O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 3 de xuño de 2023 no Teatro Jofre de Ferrol.
O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela centrou o seu discurso de recepción na relación entre historia, memoria e política no contexto da Transición en Galicia a partir dunha disputa pública entre Valentín Paz-Andrade, parlamentario electo na reinaugurada democracia en 1977, e Camilo José Cela, senador por designación real, que pasou no seu momento inadvertida para as novas xeracións, sen memoria da República, e que permanecería no esquecemento nas décadas seguintes. O episodio rescatado é para o historiador un exemplo claro de como "o relato do pasado, tamén o das vítimas, sempre está dominado polo vencedor".
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados