Saltar contido
A Impaciencia Do Corazon

A Impaciencia Do Corazon

Stefan Zweig

A impaciencia do corazón é unha das derradeiras obras de Zweig publicadas en vida do autor (1939), a súa novela máis longa e, por múltiples motivos, un dos textos de ficción que mellor aborda o tema da compaixón alén do sentimentalismo e das connotacións relixiosas. En 1914, no declive do Imperio austrohúngaro, nun ambiente de preguerra, o tenente Hofmiller é convidado polos Ke...

Editorial:
Editorial Hugin e Munin
Ano de edición:
2018
ISBN:
978-84-948805-8-2
Encadernación:
Rústica
19,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A impaciencia do corazón é unha das derradeiras obras de Zweig publicadas en vida do autor (1939), a súa novela máis longa e, por múltiples motivos, un dos textos de ficción que mellor aborda o tema da compaixón alén do sentimentalismo e das connotacións relixiosas. En 1914, no declive do Imperio austrohúngaro, nun ambiente de preguerra, o tenente Hofmiller é convidado polos Kekesfalva, unha familia húngara de renome e posibles, ao seu castelo. Alí coñece a Edith, a filla discapacitada do patrón, que se namora perdidamente del. En troco, o militar compadécea, e máis nada. Xorde con tal premisa un relato doloroso e cru que, en ocasións tras o muro da covardía, outras da inacción e do infortunio, revela un impresionante fresco da condición humana, capaz de interpelar a calquera perfil de lector.

Construída cunha literatura de incontestable calidade (destacan a multiplicidade de voces, a alternancia temporal e a inclusión da corrente de conciencia), a obra evoca de maneira sutil e constante o destino tráxico da existencia. Dentro da novelística, supón un dos cumios da literatura europea de entreguerras.

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €

Outros libros do autor

Los Ojos del Hermano Eterno

Los Ojos del Hermano Eterno

Stefan Zweig

Editorial Eneida

En esta magistral y orientalista novela de Stefan Zweig compartimos las visicitudes y aventuras de Virata, un noble nepalí del siglo VI, en la que se desgrana con intensa contundencia las extensiones y problemática del hecho de vivir, y de cómo vivir. ...

12,50 €
Veinticuatro Horas en la Vida de una Mujer

Veinticuatro Horas en la Vida de una Mujer

Stefan Zweig

Editorial Eneida

Zweig desarrolla en estas páginas una de sus más memorables ficciones, una novela indispensable que con un estilo contundente y hermoso se sumerge en los recovecos y los misteriosos resortes de la emoción amorosa. Una historia que contiene todos los ingredientes para ser inolvidable; el azar como metafora de la pasión vital, una estrucura narrativa precisa y medida por la que g...

13,50 €
Carta de una Desconocida

Carta de una Desconocida

Stefan Zweig

Eneida

Carta de una desconocida es una de las novelas más emotivas, sinceras y descarnadas de la historia de la literatura. En sus páginas se describe una relación tan original como apasionante, que mantiene en permanente vilo al lector, pues Zweig no relata sol ...

11,00 €