A CANTIGA DA BURATA

A CANTIGA DA BURATA

MIGUEL ANXO MURADO GARCÍA

17,90 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
MEDULIA EDITORIAL S.L.
Ano de edición:
2024
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-10324-15-2
Páxinas:
120
Encadernación:
Rústica

[…] Unha prosa que atranca a lectura automática e provoca distanciamento e gozo estético reflexivo. Non se trata de pasar o tempo cunha trama entretida, senón de reparar no xogo proposto, irónico, simulador quer da linguaxe quer dos tópicos xornalísticos e académicos. Non importa descoñecer algúns termos, a lectura non é un exame; é un xogo instrutivo, un quefacer gozoso.

[…] Texto dobremente lugués, cun Lugo protagonista máis do que paisaxe, que acolle o pasado glorioso de muralla e cantigas medievais, e a contemporaneidade académica, xornalística e política. Lugués tamén pola converxencia coa escrita do grande Ánxel Fole non no neorruralismo, senon no vigoroso estilo persuasivo e o afán común de resgatar un galego enxebre e literario ao tempo, aquí de rexistro culto, con achega da dimensión científica.

Artículos relacionados

  • VANTAXES E INCONVENIENTES DE CASE TODO
    CERMEÑO, XOSE
    Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres, de persoas anónimas, de p...
    En stock

    16,00 €

  • WASHINGTON SQUARE
    JAMES, HENRY
    Washington Square publicouse por primeira vez por entregas na revista inglesa Cornhill (xuño-novembro de 1880) e como novela en decembro dese mesmo ano. A obra, protagonizada por unha fea e parva Catherine (en palabras da protagonista), afonda nas relacións familiares dunha rica vinculeira cando o atractivo Morris Townsend pousa os seus ollos nela con intencións matrimoniais...
    En stock

    20,50 €

  • INQUILINA DE WILDFELD HALL, A.(NOVA)
    BRONTE, ANNE
    A mansión de Wildfell Hall recibe unha nova inquilina, unha misteriosa muller chamada Helen Graham, acompañada polo seu fillo pequeno. A chegada desta habitante desata todo tipo de rumores entre a veciñanza. Grazas ás páxinas do seu diario, que chega ás mans do seu namorado, Gilbert Markham, coñeceremos o pasado turbulento do que fuxiu a protagonista.Presentada a miúdo ...
    En stock

    22,00 €

  • AS QUE NON DORMEN NASH
    REDONDO, DOLORES
    Na sima de Lagarrea aparece o cadáver de Andrea Dancur, que levaba tres anos desaparecida e por cuxo asasinato cumpría condena Salomé Aduriz, a ex parella da nai da moza asasinada. A doutora Nash Elizondo, chamada polos medios «a psicóloga dos mortos», recibe a encarga de investigar que sucedeu de verdade con Andrea, que sucedeu de verdade no val do Baztan. Mais outro mis...
    En stock

    22,90 €

  • LIBRO DAS CONTRARIAS.(NARRATIVA)
    AGRA, AGUSTIN
    Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á ...
    En stock

    16,95 €

  • TEITO E DE PEDRA, O.(NARRATIVA)
    ALONSO, ALEX
    «Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas ent...
    En stock

    19,50 €