Saltar al contenido principal
A Bisneta Lercha

A Bisneta Lercha

Martín, Paco

Os contos da tradición popular, que logo sería adapatados para o publico infantil, volven agora aos lectores e lectoras de hoxe para recuperar con eles a curiosidade e a ledicia das primeiras lecturas. Paco Martín que foi Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil no ano 86 co inesquecible Das cousas de Ramón Lamote, pon en xogo toda a súa sabedoría narradora para reelabo...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2006
ISBN:
978-84-8288-908-5
Páxinas:
128
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
15,90 €
IVE incluído
Reservar
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Os contos da tradición popular, que logo sería adapatados para o publico infantil, volven agora aos lectores e lectoras de hoxe para recuperar con eles a curiosidade e a ledicia das primeiras lecturas. Paco Martín que foi Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil no ano 86 co inesquecible Das cousas de Ramón Lamote, pon en xogo toda a súa sabedoría narradora para reelaborar dende a Galicia de hoxe, e para quen guste da literatura sen filtros, contos como "A carapuchiña vermella", "O parrulo feo" e "O gato con botas". Contos para todo tipo de lectores que o escritor actualiza e nos devolve con azos novos, sen perderen a forza e a maxia literaria que os fixo permanecer na lembranza de milleiros de lectores.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €

Outros libros do autor

Das Cousas de Ramón Lamote

Das Cousas de Ramón Lamote

Martín, Paco

Ramón Lamote Miñato é profesor de chairego e debuxante de soños por encarga. A súa existencia é apracible, como lle corresponde a unha persoa da bondade do señor Lamote. Mais a vida tamén está chea de cousas. Das cousas que lle acontecen a Ramón Lamote e da súa particular maneira de entender o mundo trata esta novela. ...

13,15 €

Das Novas Cousas de Ramón Lamote

Das Novas Cousas de Ramón Lamote

Martín, Paco

Xa coñeces a Ramón Lamote Miñato. Agora, o señor Lamote está xubilado e leva unha vida tranquila e repousada. Pero iso non significa que non lle sigan sucedendo cousas das que paga a pena ter noticia. Máis de vinte anos despois da publicación de Das cousas de Ramón Lamote, seguimos a pasalo ben, a rir e a pensar co señor Lamote, un pouco máis vello pero coa ollada e o corazón d...

15,00 €

Mr. Smith e a Festa Murada

Mr. Smith e a Festa Murada

Martin, Paco

Da expedición científica que Mr. Smith realizou polas rúas e prazas dunha cidade galega, coa xenerosa intención de dar cunha nova vía que servise de atallo no camiño da investigación socioxeográfica e, de presentárselle a ocasión, aproveitar para facer algún descubrimento de carácter etnográfico, zoolóxico ou mesmo botánico, que lle proporcionase a sona precisa para que alguén ...

18,55 €

A Ponte que Non Tiña Río

A Ponte que Non Tiña Río

Martín, Paco

Neste libriño que tes nas maos cóntase unha historia na que interveñen nenas, nenos, homes, mulleres e tamén algúns animais, algúns vexetais, unha ponte pequena de pedra e mesmo un regato de auga algo secreto… ...

10,10 €

O Home que Mercou un Libro

13,30 €

De Paraugas

De Paraugas

Martín, Paco

A imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador. Ó comezarmos a lectura váisenos desvelando e explicando a im...

20,50 €