Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA, S.A.

922 resultados

EDITORIAL GALAXIA, S.A. Eliminar filtro Quitar filtros
  • A CACA CUCA VIAXA A UK
    ALONSO GASALLA, IRENE
    A Caca Cuca vai aprender a dicir in english caca-cu-peido e pis pero… a pesar de marchar moi leda, pronto vai ter morriña, da súa terra galega. ...
    En stock

    15,90 €

  • LAURA E A RANDEEIRA ESPACIAL
    OVALLE, ROCIO
    Laura é unha nena forte e curiosa que quere ser astronauta, e ten unha randeeira coa que cada quen chega tan alto como é capaz de soñar. ...
    En stock

    15,90 €

  • MR.SMITH E A FESTA MURADA
    MARTIN, PACO
    Da expedición científica que Mr. Smith realizou polas rúas e prazas dunha cidade galega, coa xenerosa intención de dar cunha nova vía que servise de atallo no camiño da investigación socioxeográfica e, de presentárselle a ocasión, aproveitar para facer algún descubrimento de carácter etnográfico, zoolóxico ou mesmo botánico, que lle proporcionase a sona precisa p...
    En stock

    17,60 €

  • QUÉRESME ADIVIÑAR?
    CORTIZAS AMADO, ANTON
    Queres agora ou non queres? Se non queres, quererás tarde ou cedo, cedo ou tarde, enredar a adiviñar. Se non adiviñas hoxe, xa adiviñarás mañá. ...
    En stock

    14,20 €

  • COÍMBRA
    XOSÉ, DE CEA
    Ademais dunha rúa do barcelonés barrio de Horta, Coímbra é un mosaico onde Xosé de Cea vai construíndo, tesela a tesela, a epopea da emigración galega en Cataluña vivida por un neno. Testemuña dun tempo de convulsos cambios sociais que se precipitan tras a fin da ditadura franquista, verá como á transición política se superpoñen outras que condicionarán a súa ed...
    En stock

    17,60 €

  • RECEITAS PARA ENCHER O PEITO
    AMEIJEIRAS FARALDO, JUAN CARLOS
    Este é un libro para xente de bo comer, xente que non pode esquecer os sabores da súa infancia, nin aqueles pratos que xuntaban a toda a familia arredor dunha mesa. É un libro que recende a afumados, a caldeirada, a mar e a campo, onde se loa o produto por riba de todo, “o noso produto”, pero tamén unha cociña para saber aproveitar. Xoanqui Ameixeiras quere transmitirno...
    En stock

    20,00 €

  • CADERNO DE CORES E CANCIÓNS
    BLANCO, MAGÍN
    Un diálogo entre as músicas, os instrumentos, as rimas e as sonoridades. Unha invitación a participar nunha viaxe onde as emocións son as protagonistas. ...
    En stock

    20,00 €

  • RAMONA PEQUENA VAI Á LÚA
    PAKOLAS
    Viaxa con Ramona dende os seus pensamentos ata a Lúa, dende as súas inquedanzas ata as súas xenialidades e dende o seu maxín ata onde queiras chegar. Quebra os límites con nós nesta nova aventura rockeira! ...
    En stock

    20,00 €

  • VOU
    ANDRÉS, ELENA
    Xan e os seus amigos quedan todas as tardes no parque. Hoxe van xogar aos agochos e tócalle a el poñerse a buscar. “Sempre me toca contar a min…” Tarde piaches, Xan! Conseguirá dar co agocho de cada un dos seus amigos? A ver se desta atopas a alguén! ...
    En stock

    15,90 €

  • ESCOLA DE MULLERES
    LÓPEZ SILVA, INMA
    Escola de mulleres é unha novela sobre unha fuxida. A súa protagonista foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, da gaiola de ouro que os homes queren construír para pechala e admirala, da opresiva camisa de forza das convencións sociais. E para acadalo emprega a ironía e o seu propio corpo como armas, como camiño cara a unha redención que sospeita imposible. E as...
    En stock

    21,90 €

  • LOITANDO POLA GALICIA QUE NON FOI. ARTIGOS E CONFERENCIAS. 1932-1936
    FERNÁNDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO
    LETRAS GALEGAS 2023 Justo Beramendi recompila neste volume a produción do mozo Francisco Fernández del Riego —que nalgunha ocasión clasificou como pertencente á xeración “dos primeiros nativos nacionalistas”—, polo xeral moi descoñecida, cun exhaustivo estudo introdutorio onde procura describir e analizar a súa ideoloxía, produción en prensa e actuacións política...
    En stock

    25,00 €

  • BERTA MIR DETECTIVE. O CASO DO ASASINO INVISIBLE
    SIERRA I FABRA, JORDI
    Desde que Berta se tivo que facer cargo da axencia de detectives de seu pai e se enfrontou a unha chea de casos e problemas, xa non é a mesma. E o último ano converteuse nunha espiral de tensións, sucesos e cambios na súa vida. Agora está piques de saír o primeiro disco do seu grupo, que a enche de ilusión; pero ten que decidir se continúa a súa relación con Néstor, ...
    En stock

    16,10 €

  • ANATOL E DOUS MAIS
    RIESTRA, BLANCA
    Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible. Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pe...
    En stock

    16,00 €

  • A BELEZA DEBE MORRER
    CORBILLON, MERCEDES
    Así é Venecia, soño e calixe, cidade encantada e panterlo para as lembranzas e as fantasías dos amantes, dos solitarios e dos extraviados. Venecia como espello que reflicte o amor ata que remata escachando en mil anacos, recriminacións e remorsos. Venecia como tránsito cara á incerteza do futuro. E unha muller madura, na compaña da súa nai, percorre as súas pontes e c...
    En stock

    18,90 €

  • O QUE QUEDA DE NÓS
    MAYORAL, MARINA
    O que queda de nós ofrece xuntas as dúas versión da historia de dous seres que a vida separou e que se amaron sempre. (Unha árbore, un adeus, 1988; Ao pé do magnolio, 2004). Marina Mayoral narra a historia de Laura e Paco e amósanos unha reflexión sobre ese sentimento misterioso que chamamos amor: “Un sentimento escolleito que moi poucos chegan a vivir, aínda que todo ...
    En stock

    21,00 €

  • VALDEMULLER
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos séculos, malia as invisibilidades e os silencios impostos. Tamén é o nome dunha fraga frondosa e enigmática situada no corazón da provincia de Lugo, ademais do título d...
    En stock

    14,20 €

  • TEÑO UN VOLCAN DENTRO (V PREMIO CARLOS MOSTEIRO 2022)
    CANOSA, MARIA
    V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, 2022 Miguel observa o mundo con ollos comúns, pero ten unha mirada diferente. A súa cabeza procesa as cores, os números e a música dun xeito especial. Quen o rodea é consciente do extraordinario do seu interior. Miguel sente que baixo o peito algo estoupa. Ten un volcán dentro. ...
    En stock

    14,20 €

  • A DONA DE AURIA
    POMBO GRAÑA, ANDRES
    A novela é a continuación de O segredo das Burgas de 2018, seguindo as aventuras do medio-demo Ciprianiño, Cip para os amigos, a meiga Landelina e a súa mestra, dona Ádega. A historia comeza cando a meiga de meigas é chamada ao Edificio Simeón para tratar cunha invasión de trasnos. O que semella un simple caso de falcatruadas sobrenaturais pronto desvela ser unha conspi...
    En stock

    15,50 €

  • MANUEL DE CASTRO, HANDICAP. CRONICA DUNHA PAIXON
    ESTEVEZ IGLESIAS, ADRIAN
    Xornalista, árbitro de fútbol, seleccionador nacional e galego e dirixente federativo serviría para definir moi por riba a figura de Manuel de Castro González, Handicap (Vigo, 1885-1944), un dos primeiros periodistas deportivos de fama nacional, cronista nas olimpíadas (Antuerpen, París e Ámsterdam) e un dos artífices do nacemento en 1923 do Real Club Celta de Vigo, tra...
    En stock

    13,90 €

  • MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA
    FO, DARIO
    En 1920, o inmigrante italiano, Andrea Salcedo, caeu desde o edificio do FBI en Nova York, e, en decembro de 1969, o mesmo lle ocorreu ao anarquista Giuseppe Pinelli, na xefatura de Policía de Milán. Estas “mortes accidentais” sérvenlle a Dario Fo para escribir Morte accidental dun anarquista, comedia non só entretida e enxeñosa, senón que se constitúe nunha denuncia d...
    En stock

    13,50 €

  • LUME (V CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL B
    BAÑOS DE COS, J.L.
    Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de...
    En stock

    9,80 €

  • MISS ANTROPÍA
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dun perfil falso nas redes sociais: “Miss Antropía”, no que inventa a vida dunha rapaza que está morrendo de cancro. A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un ...
    En stock

    17,75 €

  • PERDER (2016-2021)
    SALGUEIRO, ROBERTO
    En Perder, Roberto Salgueiro fai unha escolla de textos escritos entre 2016 e 2021, período que se corresponde a unha nova etapa da súa dramaturxia, máis fragmentaria, formalmente arriscada e creada a pé de escena para voces femininas. ...
    En stock

    13,50 €

  • SERENOU A NEBOA
    GUEDE OLIVA, MANUEL
    Este é o regreso de Manuel Guede a un lugar que é máis ca unha cidade posible ou o reverso dun espello chamado Ourense. A néboa é a celebración dunha derrota: inaugurada en 1985 con Contra Serenou, continuada en 2000 con As doce e sereno e que agora conclúe sabendo xa que é nesa dignidade onde se toma conciencia da historia, desde onde se axitan os desconcertos e se int...
    En stock

    13,50 €

  • IN ARTICULO MORTIS
    GARCIA MAÑAN, LUIS MANUEL
    Despois da morte de Manuel Blanco Romasanta no presidio de Ceuta en 1863, o cura e capelán do Penal, que o atendeu “in articulo mortis”, decide colgar a sotana encabuxado por distintas razóns. Pasados os anos, transformado en xuíz, é destinado á Audiencia de Ourense, onde se atopa coa historia de M. B. R. e decide estudar o proceso e determinar a razón pola que o reo ma...
    En stock

    16,45 €

  • O LIBRO DO FUTBOL
    VARIOS
    Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón dándolle patadas nunha rúa ou nun descampado. Unha improvisada cancha foi o feliz territorio da infancia de moitos de nós. Sobre ela forxáronse inesperadas alianzas e...
    En stock

    16,70 €

  • PENSAR É ESCURO. POESIA REUNIDA (1991-2004)
    VILLALTA, LUISA
    Esta obra recopera os catro títulos que Luisa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación: Música reservada (1991), Ruído (1995). Rpta ap omteropr dp pññp (1995) e En concreto (2004). Estes versos converteron a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable. ...
    En stock

    21,00 €

  • FRANSCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O HOME QUE VALÍA POR MIL
    MASCATO, ANTÓN
    Un home pode valer por mil Vexamos: Paco del Riego foi membro das Irmandades da fala, do Seminario de Estudos Galegos, da organización xuvenil Ultreia, dirixente estudantil, fundador do Partido Galeguista, profesor na Facultade de Dereito, colaborador de prensa, secretario de Actas da Comisión para o Estatuto de Autonomía, conferenciante, crítico de arte, fundador de Editor...
    En stock

    16,90 €

  • A XERACIÓN GALAXIA
    FERNÁNDEZ DEL RIEGO, FRANCISCO
    LETRAS GALEGAS 2023 Editorial Galaxia, fundada en 1950, foi o punto de encontro, o proxecto compartido entre os sobreviventes do galeguismo anterior á Guerra Civil e as novas promocións intelectuais que agromaban daquela a unha empobrecida sociedade galega. Este libro, de Francisco Fernández del Riego, é a narración da aventura cultural e política protagonizada por un fei...
    En stock

    18,50 €

  • DON PACO. LETRAS PARA A ARTE GALEGA
    LIZ DE CEA, BEATRIZ
    Don Paco. Letras para a arte galega achega o lector a descoñecida presenza de Francisco Fernández del Riego en relación á arte galega. Un percorrido polas experiencias que tivo coa plástica e cos artistas e as circunstancias que as rodearon. Un relato que se apoia no rigor documental, que pon en valor, a través dunha linguaxe sinxela, o seu importante labor en defensa da ...
    En stock

    15,50 €