Saltar al contenido principal
Cordadas. Trasnadas Camiño Do Cumio!

Cordadas. Trasnadas Camiño Do Cumio!

Un xogo de cartas de escalada e alpinismo.Imaxina que es unha intrépida alpinista ou escalador que forma parte dunha famosa cordada, tes un contrato cun importante patrocinador que só poderás cobrar se cumpres un obxectivo: chegar ao cumio levando todo o material que precises para completar a túa vía. Escalada clásica, alpinismo, escalada deportiva... hai moito material diferen...

EAN:
8495390730880
Materia:
Papelería
19,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Descrición

Un xogo de cartas de escalada e alpinismo.
Imaxina que es unha intrépida alpinista ou escalador que forma parte dunha famosa cordada, tes un contrato cun importante patrocinador que só poderás cobrar se cumpres un obxectivo: chegar ao cumio levando todo o material que precises para completar a túa vía. Escalada clásica, alpinismo, escalada deportiva... hai moito material diferente para cada tipo de actividade, conségueo para rematar o xogo. Pero... coidado! O resto das xogadoras tamén queren acadar fama mundial e chegar os primeiros, polo que atoparás múltiples obstáculos no teu camiño.

Cordadas é un xogo de cartas de 2 a 6 xogadores cheo de trasnadas, homes mortos e fenómenos meteorolóxicos adversos que se interporán entre ti e o cumio. Aínda que sexa de temática montañeira, calquera pode xogar xa que se basea nun código de cores e símbolos. A 1ª edición do ano 2023 foi bilingüe, en galego e castelán. Tras vender unhas 1000 copias en menos dun ano, en xuño de 2024, saíu á venda a 2ª edición na que se engadiu tamén o inglés.

Ademáis dunha nova lingua, a 2ª edición de Cordadas inclúe varias melloras a nivel deseño e a adaptación do xogo a persoas con dificultades para distinguir as cores.

Artículos relacionados

Libreta Tucán para Elevar el Alma Vegueta Ediciones

Libreta Tucán para Elevar el Alma Vegueta Ediciones

Libreta Kraft con ilustración en naranja y negro. Marcapáginas y goma negros, con tapas rígidas de suave tacto acabadas en resistente cartón natural. Bloc A5 con sello Eco Friendly. ...

9,90 €