Saltar al contenido principal
Aracatanga Brazolinda

Aracatanga Brazolinda

Aracatanga!Humidade, calor, chuvia, mosquitos... todo parecía normal naquela excursión pola selva. De repente, o chan tremeu. O lendario volcán Aracatanga espertaba do seu sono e cumpría escapar antes de que fose demasiado tarde...Neste xogo, os participantes terán que operar cos dados e conseguir recursos pola selva adiante para sobrevivir, ademais de construír un barco que os...

Categoría:
Brazolinda
EAN:
9789203449625
Materia:
Xogos
36,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Descrición

Aracatanga!

Humidade, calor, chuvia, mosquitos... todo parecía normal naquela excursión pola selva. De repente, o chan tremeu. O lendario volcán Aracatanga espertaba do seu sono e cumpría escapar antes de que fose demasiado tarde...

Neste xogo, os participantes terán que operar cos dados e conseguir recursos pola selva adiante para sobrevivir, ademais de construír un barco que os leve lonxe do volcán.

Cada un terá unha misión diferente e a suma de todas elas será necesaria para salvarse, polo que a colaboración entre os xogadores é fundamental.

Hai tres niveis de dificultade: para os que están aprendendo a sumar e restar, para os que xa saben e para os que tamén multiplican e dividen.

Ademais, pola parte de atrás das tarxetas de misións hai un pequeno taboleiro que nada ten que ver co xogo principal. Está pensado para xogar coas "Fillas do Aracatanga", unha serie de misións (xogos) rápidas pensadas para practicar o cálculo e a axilidade mentais sen o taboleiro principal.

Artículos relacionados

A Cabana. Brazolinda

A Cabana. Brazolinda

Imaxinade que sodes un grupo de exploradores nun día desapracible perdidos nun mangleiro, co seu chan anegado e tódolos animais e perigos que alí hai. A noite vai chegando e cómpre facer unha cabana o máis rápido posible, pero que aguante enteira toda a noite...3 anos en diante, xa que conta con cartas de catro niveis de dificultade diferentes. ...

35,00 €

Verbolario Brazolinda

Verbolario Brazolinda

O xogo está baseado nun material empregado en terapias visuais para mellorar diversas cuestións relacionadas tanto coa vista como coa comprensión lectora e a concentración. Nós transformamos ese material nun xogo que traballa a apredizaxe de léxico, reforzo da lectura, percepción espacial, axilidade mental ...A partir de 6 anos ...

26,00 €

Peixes a Pares Brazolinda

Peixes a Pares Brazolinda

O mar anda revolto, os peixes están desorientados e precisan a vosa axuda para lograr xuntarse coa súa parella. Para iso temos que ser moi rápidos atopando os peixes iguais.A PARTIR DE 3 ANOS ...

30,00 €

A Veiga. Brazolinda

A Veiga. Brazolinda

A VEIGAEra un día de sol, mais as escasas nubes do ceo protexíannos por veces daquela calor. Decidimos saír de excursión ó pé do río Miño, dende o seu nacemento no Pedregal de Irimia ata a desembocadura no inmenso Atlántico.Unhas horas despois de comezar a camiñar fixemos unha pausa á sombra dunha árbore, repoñendo forzas cunha empanada de millo e queixo afumado.Foi naquel mome...

30,00 €

O Gatipedro. Brazolinda

O Gatipedro. Brazolinda

Idade: a partir de 6 anosNúmero de xogadores: de 1 a 7Obxectivos educativos:Introdución á mitoloxía galega e á tradición oralTraballa o razoamento, a axilidade mental e a concentración ...

26,00 €

Gorilas!!! Escala Xogando

Gorilas!!! Escala Xogando

Desafía os teus amigos! Quen resistirá máis e será a líder da manda? Gorilas!!! é un xogo de cartas para xogar escalando. Consta de 80 cartas que representan máis de 20 accións diferentes. As instrucións están en galego, español e inglés. É un xogo tanto para crianzas como para adultos pensado para xogar e adestrar no muro de densidade do teu rocódromo. Gorilas ten diferentes m...

19,00 €