Zodiakids 1. O Poder Das Estrelas
Costas, Ledicia
Na véspera do seu décimo aniversario, Estela descobre que o seu sinal de nacemento non era unha simple marca na pel con forma de serpe, senón un zooiko: unha criatura de luz que salta fóra do seu corpo e desata un poder que aínda non sabe controlar. Mentres intenta entender que lle sucede, atopa un observatorio máxico no subsolo da biblioteca que resulta ser a base de operación...
Sinopse
Na véspera do seu décimo aniversario, Estela descobre que o seu sinal de nacemento non era unha simple marca na pel con forma de serpe, senón un zooiko: unha criatura de luz que salta fóra do seu corpo e desata un poder que aínda non sabe controlar. Mentres intenta entender que lle sucede, atopa un observatorio máxico no subsolo da biblioteca que resulta ser a base de operacións dos Zodiakids: gardiáns do zodíaco que se preparan para unha batalla cósmica. Alí Estela coñece a Leo, Ariel e Santiago, liderados polo Mestre das Estrelas, pero tamén un segredo que ninguén lle quere contar. O seu signo é Ofiúco, o número trece, o máis poderoso... e o máis perigoso.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Información de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados
Outros libros do autor