Xogo de Letras
Rubio Herrero, Antonio
Un achegamento lúdico, poético e creativo ao abecedario para estimular a imaxinación e a agudeza visual. As 27 letras do abecedario son as protagonistas desta proposta para prelectores e primeiros lectores da man dos artífices da colección Do berce á lúa. Unha obra que dá un paso máis para presentar cada signo gráfico asociado a un obxecto que reproduce a súa forma a través de ...
Sinopse
Un achegamento lúdico, poético e creativo ao abecedario para estimular a imaxinación e a agudeza visual. As 27 letras do abecedario son as protagonistas desta proposta para prelectores e primeiros lectores da man dos artífices da colección Do berce á lúa. Unha obra que dá un paso máis para presentar cada signo gráfico asociado a un obxecto que reproduce a súa forma a través de breves e divertidos textos rimados. Así, o A convértese nunha tenda india, o B nas ás dunha bolboreta, o C na lúa minguante, o D nunha tallada de sandía... Un achegamento lúdico, poético e creativo ao alfabeto inspirado nas greguerías de Ramón Gómez de la Serna; un xogo poético ideal para cantar e contar que estimula a atención e a imaxinación. O formato en cartón duro, a letra maiúscula, as ilustracións recoñecibles sobre fondos claros e o sorprendente xogo de lapelas fan deste libro unhaobra perfecta para iniciarse na lectura. As súas dimensións, ideais para o manexo directo por parte dos máis pequenos e as pequenas, contribúentamén ao desenvolvemento das súas habilidades psicomotrices.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Información de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados
Outros libros do autor