Saltar contido
Xeografía Real e Mítica Das Augas de Galicia

Xeografía Real e Mítica Das Augas de Galicia

De Francisco Da Rocha, Gonzalo Xosé

Gonzalo de Francisco, autor tamén da guía Orientarse pola Ribeira Sacra. Viaxe ao interior editada por Baía Edicións, salienta na introdución do presente ensaio, subtitulada "Recrearse nas lindeiras acuáticas. Viaxe ao Alén", que a costa galega, orixinal pola súa especial configuración en innumerables cabos, rías, areais, xunqueiras, acantilados e baías resulta especialmente pr...

Editorial:
Baía Edicións
Ano de edición:
2010
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-92630-42-4
Páxinas:
520
Encadernación:
Otros
3,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Gonzalo de Francisco, autor tamén da guía Orientarse pola Ribeira Sacra. Viaxe ao interior editada por Baía Edicións, salienta na introdución do presente ensaio, subtitulada "Recrearse nas lindeiras acuáticas. Viaxe ao Alén", que a costa galega, orixinal pola súa especial configuración en innumerables cabos, rías, areais, xunqueiras, acantilados e baías resulta especialmente propicia neste encontro da terra e o mar, do sólido e o líquido, do concreto e o difuso, do aquén e o alén. Hoxe constitúe o espazo máis humanizado do país e desde o remoto pasado foi lugar de contacto do propio e o foráneo da mesma maneira que o camiño a Compostela propiciou a fusión e mestura de circunstancias diversas nun froito que foi sempre enriquecedor. Trátase de regresar a esa zona sutil, aparentemente tan coñecida, para obter a ánima exacta do presente, entendida no duplo sentido de momento actual pero tamén de regalo, que non debe ser desbotado sen interese nin sentimento.

(...)
A contemplación do acuático leva á sensación do líquido, e a auga e as súas manifestacións van ser protagonistas da obra. Nela están recollidos símbolos universalmente compartidos, sobradamente do amor espiritual e carnal e outros aspectos que dan sentido ao título deste limiar que tamén marca un límite e unha porta franca para acceder ao coñecemento importante que aquí está presente. Nas profundidades imaxinativas do Sinbad de Cunqueiro, nun momento dado, o nauta manifesta que "...o mar está por estudar...". Da mesma maneira que os viaxeiros asomados no cabo de São Vicente, con silencio contido ante o misterio, adiante cara ao Alén.

Texto de Manuel López Torrente na presentación do 8 de maio de 2010 na Feira do Libro de Santiago de Compostela. Ver

Artículos relacionados

Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
Unha Historia de nós

Unha Historia de nós

Diego Dios, Pablo

Editorial Galaxia, S. a.

Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo...

19,50 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €

Outros libros do autor

Orientarse Pola Ribeira Sacra

Orientarse Pola Ribeira Sacra

De Francisco Da Rocha, Gonzalo Xosé

Baía Edicións

Esta guía responde ao espírito da maneira de viaxar de Marco Polo, dos ilustrados... na que a viaxe se concibe como unha experiencia vital. Nesta liña, a primeira parte recolle información sobre a xeografía, a historia, a filosofía e a arte deste marabilloso pero aínda descoñecido entorno. Na segunda parte preséntansenos 68 pequenas rutas de unha ou dúas horas de duración, ...

11,06 €