Saltar al contenido principal
Un Socialismo Propio: o Cooperativismo no Beiras Mozo

Un Socialismo Propio: o Cooperativismo no Beiras Mozo

Carlos Calvo Varela, Xosé Manuel Beiras

En 1959 un mozo Xosé Manuel Beiras publica os seus dous primeiros traballos científicos na recén creada Revista de Economía de Galicia. Durante o último curso en París frecuentara asiduamente o fondo nórdico da Bibliothèque Sainte-Geneviève e os seminarios do especialista en economía cooperativista Georges Lasserre. Esta nova bagaxe teórica moderna xunto co acopio de material e...

Editorial:
Companha
Ano de edición:
2025
Materia:
Galicia
ISBN:
979-13-990528-4-8
Encadernación:
Otros
20,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

En 1959 un mozo Xosé Manuel Beiras publica os seus dous primeiros traballos científicos na recén creada Revista de Economía de Galicia. Durante o último curso en París frecuentara asiduamente o fondo nórdico da Bibliothèque Sainte-Geneviève e os seminarios do especialista en economía cooperativista Georges Lasserre. Esta nova bagaxe teórica moderna xunto co acopio de material empírico, conxugada coas conversas que desde adolescente viña mantendo con Cruz Gallástegui, permítenlle culminar o programa máis acabado teoricamente da proposta económica clásica do Partido Galeguista: o cooperativismo de base agropecuaria inspirado no modelo danés. Unha «utopía real», como diría Erik O. Wright, descrita por Castelao con todo o colorismo: «Vexo pazos para albergar as Cooperativas, mellores que en Dinamarca».

Agora, no Ano Internacional das Cooperativas, publicamos de novo estes textos, traducidos ao galego e cun estudo introdutorio dos primeiros anos de formación política e intelectual de Xosé Manuel Beiras.

Artículos relacionados

Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

Costa Rico, Antón

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

24,40 €

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

Vv.aa., Vv.aa.

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non...

15,00 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €