Saltar al contenido principal
Un Can e un Gato

Un Can e un Gato

Carbonell, Paula / Gómez, Chené

Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, afástanse, bótanse de menos... e achéganse de novo.Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, cambios de humor...Os cambios ...

Editorial:
Editora Oqo
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-9871-793-8
Páxinas:
36
Encadernación:
Cartoné
Colección:
COLECCION O
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, afástanse, bótanse de menos... e achéganse de novo.

Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, cambios de humor...

Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e
comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.

Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con experiencias emocionais propias. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e mudar o mal humor en optimismo.

En palabras da autora, Paula Carbonell, UN CAN E UN GATO poden ser como un pai e un fillo, dous irmáns, unha parella, os avós, ti e máis eu: como un can e un gato.

As ilustracións foron realizadas en colaxe, técnica habitual nos traballos de Chené Gómez. Os recortes utilizados foron previamente elaborados con lapis e ceras co fin de crear diferentes texturas ricas en cor.

A elección da cor tenta transmitir os estados de ánimo dos personaxes: o gato monta en cólera vermella cando o atrapa o can; a frescura do azul convídanos a correr xogando cos dous personaxes; o campo convértese nun arco da vella cando se reconcilian os amigos; o soño de ambos faise cálido nunha contorna de amarelos etc.

Chené Gómez concibiu ao gato en tons cálidos e ao can en cores frías para potenciar a pertenza a naturezas distintas. Esta diferenza acentúase na portada do libro, onde os dous protagonistas aparecen separados por un abismo, aínda que se achegan con curiosidade.

Unha proposta orixinal para gozar e emocionarse a partir dos tres anos.



Texto de Paula Carbonell

Ilustracións de Chené Gómez

Artículos relacionados

Mi Gata Puede Ver Fantasmas

Mi Gata Puede Ver Fantasmas

Joe, Emily

«A veces mi gata se pone a mirar, algo más que el aire al pasar. Acecha algo, es evidente, que no percibe mi mente. ¿Qué rayos está haciendo que mi gata corra como loca, patine y le dé patadas al aire? ¿Podría ser un fantasma? Un cuento tierno que celebra a los gatitos y todas sus cosas raras, y nos muestra por qué se ganan un lugarcito calentito en la cama... después de un dí...

15,00 €

Eu Son

Eu Son

Diaz Reguera, Raquel

'Eu son' convídanos a ser como nos gusta ser, a crear a nosa identidade e a sentirnos libres de facelo sen que nos importe a opinión dos demais. A Martiño gústalle unha nena, pero todos os seus amigos opinan que é moi rara e que non lle pode gustar. E el, como pertence ao grupo dos populares, cre todo o que lle din. Con todo, a nena segue a gustarlle... Despois do éxito de Eu v...

13,90 €

Mono Coco Va Al Cole

Mono Coco Va Al Cole

Díez, Raquel

MONO COCO YA ES MAYOR. ¡CHIN, CHIN, PAM! ¡CHIN, CHIN, POM! HOY SE VA AL COLE A JUGAR. ¡QUÉ BIEN SE LO VA A PASAR! ...

13,00 €

Abracadibro

Abracadibro

Bululú, Alicia

¡Abracadibro, ábrete, libro! Todo empieza con un conocido conjuro, pero un desliz al pronunciar las palabras mágicas puede desencadenar el caos más absoluto. Un divertido juego de rimas y disparates, donde el lector descubrirá cómo el relato se puebla inevitablemente de fieras. Un álbum vibrante que celebra el poder de las palabras y que los errores pueden hacernos reír. Ide...

16,50 €

Si Llamas con un Plátano-Teléfono

Si Llamas con un Plátano-Teléfono

Sterer, Gideon

Si llamases con un plátano-teléfono, ¿quién se pondría? ¿De qué hablaríais? ¿Os explicaríais secretos o os haríais preguntas? No se sabe qué pasaría, en realidad.Si llamases con un plátano-teléfono, ¿quién se pondría? ¿De qué hablaríais? ¿Os explicaríais secretos o os haríais preguntas? No se sabe qué pasaría, en realidad. Este cuento tan simple va cargado de la sabiduría y la ...

17,50 €

Ratos no Tren

Ratos no Tren

Gonzalez Barreiro, Xosé Manuel

Unha nova aventura dos roedores máis divertidos para aprender a viaxar en tren. Despois de Os ratos da casa, Ratos de viaxe e Ratos na escola, as novas andanzas destes encantadores roedores transcorren en tren, no que viaxan, se divirten e fan algunhas trasnadas. Dende o punto de vista literario, Ratos no tren mantén a estrutura dos títulos precedentes: estrofas de catro versos...

14,00 €

Outros libros do autor

Un Perro y un Gato

Un Perro y un Gato

Carbonell, Paula / Gómez, Chené

Un perro y un gato se conocieron.El gato dijo: ¡Miau!El perro dijo: ¡Guau!Pero no se entendieron.Dos animales se encuentran, juegan, se enfadan, se separan, se echan de menosà y vuelven a jugar. En la edad infantil es muy común vivir conflictos entre amigos y frustraciones derivadas de las relaciones.Al igual que sucede con el perro y el gato, las emociones van acompañadas de r...

15,90 €