Saltar al contenido principal
Últimos Poemas de Eloxios e Outros Poemas

Últimos Poemas de Eloxios e Outros Poemas

Xoán Xosé Fernández Abella

Últimos poemas de eloxios e outros poemas é o último poemario da autoría de Xoán Xosé Fernández Abella, quen lamentablemente faleceu antes da presentación da obra. Si cabe sinalar que este compendio de poemas son unha clara mostra do seu legado na escrita, con versos marcados pola louvanza e eloxios que Abella quixo deixar patentes neste libro a distintas persoas que el admirab...

Editorial:
Fervenza Edicións
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-19840-03-5
Páxinas:
120
Encadernación:
Rústica
15,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Últimos poemas de eloxios e outros poemas é o último poemario da autoría de Xoán Xosé Fernández Abella, quen lamentablemente faleceu antes da presentación da obra. Si cabe sinalar que este compendio de poemas son unha clara mostra do seu legado na escrita, con versos marcados pola louvanza e eloxios que Abella quixo deixar patentes neste libro a distintas persoas que el admiraba ou que foron parte importante na súa vida e tamén un recoñecemento a outras persoas destacadas da literatura, a música e outras artes que neste poemario se ven reflectidos. Estes últimos escritos de Xoán Xosé Fernández Abella son un claro exemplo de galeguidade, compromiso coa cultura, admiración polas persoas e voz da igualdade . Un volume que se acompaña das ilustracións de María Guerrero que, coa súa sutileza, combinan á perfección con este compendio de poemas cheos de gabanzas. Un tándem perfecto como despedida dun gran poeta e escritor. No limiar do libro do profesor e escritor Xesús Alonso Montero podemos ler: "O autor deste libro naceu, en Monforte de Lemos, o 11 de setembro de 1933; cumprirá axiña noventa anos e p

Artículos relacionados

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €