Saltar al contenido principal
Trauma España e Outros Textos

Trauma España e Outros Textos

Rodríguez, David

É o nacionalismo periférico o problema ou o é a propia estrutura do Estado? David Rodríguez inverte a ollada tradicional neste libro para analizar unha crise constitucional permanente que opera, aínda hoxe, baixo unha matriz colonial. Este volume abandona a posición defensiva e, como sinala Manuel Veiga no epílogo, pasa á ofensiva intelectual para denunciar como as elites se si...

Editorial:
Libros Lorref
Ano de edición:
2026
Materia:
Galicia
ISBN:
979-13-990372-5-8
Páxinas:
214
Encadernación:
Rústica
14,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

É o nacionalismo periférico o problema ou o é a propia estrutura do Estado? David Rodríguez inverte a ollada tradicional neste libro para analizar unha crise constitucional permanente que opera, aínda hoxe, baixo unha matriz colonial. Este volume abandona a posición defensiva e, como sinala Manuel Veiga no epílogo, pasa á ofensiva intelectual para denunciar como as elites se sitúan, sistematicamente, por riba da vontade democrática. Esta obra compila pezas publicadas entre 2020 e 2025 en diversas plataformas e soportes. O autor reúne textos da súa columna semanal en Nós Diario, ensaios na Revista Luces, colaboracións no Caseto do Espaço Clara Corbelhe, o blog O Funambulista Coxo e unha tradución dun prólogo de Gramsci para a editorial Verso. O conxunto supera o valor das súas partes. Organizado nos bloques «Trauma España», «Galicia, Galicia, Galicia» e «Hey Hey Vigo», o volume dota ao comentario de actualidade dunha solidez conceptual que busca romper o baleiro reflexivo do soberanismo. Estamos ante un ensaio necesario que desprega unha filosofía política incisiva para enfrontar, sen concesións, os vimbio

Artículos relacionados

Camôes en Galicia

Camôes en Galicia

Dasilva, Xosé Manuel

Este libro constitúe unha homenaxe a Camões, probablemente o autor internacional de maior presenza nas nosas letras ao longo do tempo, con motivo das celebracións do V centenario do seu nacemento. Xosé Manuel Dasilva, camonista e camonólogo de recoñecida traxectoria, ofrece en Camões en Galicia varios estudos que afondan nas pegadas galegas do grande escritor portugués, como re...

23,90 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €

Memória Histórica e Identidade Nacional

Memória Histórica e Identidade Nacional

Velasco Souto, Carlos Francisco

Recolhe-se neste livro um feixe de trabalhos focados na história contemporânea da Galiza, nomeadamente em dous campos: por um lado, no da questom identitária do nosso país, vinculada à construçom de um sistema literário e umha historiografia nacionais; e, por outro lado, no das relaçons sociais, da conflitualidade e das luitas de classe na Galiza e no vizinho Portugal, igualmen...

17,95 €

Tempos Novos Nº349 Xuño 2026

Tempos Novos Nº349 Xuño 2026

Aa.vv

APERTURA / ARTE E FUNCIONARIADO - Miguel Vázquez FreireA VELAS VIR / A INTELIXENCIA MÁQUINA 6 - Xurxo BorrazásEN DESTAQUE / DOSSIER MENTES SEN ROSTROOS ARQUITECTOS DO FUTURO: QUEN DECIDE COMO PENSA A IA? - Natalia Nogueira LópezENTREVISTA / SENÉN BARRO, DIRECTOR CIENTÍFICO DO CiTIUS: "SE EN VEZ DE NO PROCESO POÑO O FOCO NO RESULTADO, SI, A MÁQUINA PENSA" - Francisco Cortez-Lobã...

8,00 €

O Salmon Do Ulla

O Salmon Do Ulla

Piñeiro, Miguel / Torres, Alberto

Cada ano, o nobre salmón remonta os ríos galegos para completar o seu ciclo vital, entre eles o Ulla, cos seus afamados coutos salmoneiros. Os xornalistas e escritores, Miguel Piñeiro e Alberto Torres, ofrécennos un percorrido histórico desde mediados do século pasado, cando Galicia aínda vivía o esplendor da cultura do salmón, ata hoxe, onde se analizan cuestións de senlleira ...

24,50 €

Cando Cheogou a Noite

Cando Cheogou a Noite

Seoane-Montenegro,Antón

Confrontados co irremediábel dunha morte anunciada, e alén da resignación pasiva, hoxe existen numerosos exemplos de que hai outras maneiras de transitar o último alento desde a lucidez e a dignidade, sen dar entrada á dor degradante nin á lenta agonía.A protagonista do relato quixo, por riba de todo, ser coherente coa percepción de finitude que habitaba corpo e mente. Asomada ...

14,96 €