Saltar al contenido principal
Tic Tac

Tic Tac

De Toro, Suso

Xa van dez anos dende que se publicara "Tic-Tac" por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos"perturbadora", "patética" e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da ...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2003
ISBN:
978-84-9782-002-8
Páxinas:
320
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
25,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Xa van dez anos dende que se publicara "Tic-Tac" por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos"perturbadora", "patética" e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. Un volume que inclúe, ao seu remate, o texto "Autopsia. (Epílogo á inglesa)", preparado por Antonio Francisco Pedrós-Gascón, profesor de The Ohio State University, que constitúe un lúcido e esclarecedor estudo sobre toda a obra narrativa de Suso de Toro e sobre a trascendencia de Tic-Tac na conformación do corpus narrativo galego contemporáneo.
"Tic-Tac" é unh "grande puzle", como o define X. González Gómez, formado polas narracións orais ou escritas de Nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (...) "Tic-Tac" é unha corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a "Realidade", senón unha "realidade": a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Outros libros do autor

O Segredo de Joseph Haydn

O Segredo de Joseph Haydn

De Toro, Suso

Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego. Haydn descobre a nosa gastronomía, a nosa lingua, a música que se tocaba naquel momento en Compostela, e tamén deixa a súa influencia nos músicos do momento. Un acontecemento que imprimiu unha pegada sentimen...

13,95 €

A Sombra Cazadora

A Sombra Cazadora

De Toro, Suso

Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento en que teñades d...

13,50 €

Descubrindo Ana Pontón

Descubrindo Ana Pontón

De Toro, Suso

Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario. Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do na...

12,95 €

Ambulancia

Ambulancia

De Toro, Suso

A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso. Estamos diante dunha novela entretida e desgarradora, na que os personaxes e as súas paixóns se moven pola cidade de Compostela coma se ...

13,95 €

Unha Rosa é Unha Rosa

Unha Rosa é Unha Rosa

De Toro, Suso

"Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ...

12,95 €

Polaroid

Polaroid

De Toro, Suso

A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha autén-tica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada s...

17,00 €