Saltar al contenido principal
Terra Nullius

Terra Nullius

Momán Noval, Alberte

Nesta nova entrega de Alberte Momán fálase da terra de ninguén, un espazo de individualización, de emancipación fronte ao corpiño social e familiar que condiciona os actos da protagonista. Pero, ao mesmo tempo, fálase da terra queimada, de como ese mesmo elemento que a cingue e a constrinxe vai minando a súa capacidade para ser dona da propia existencia. A violencia estrutural ...

Editorial:
M Editora-Alberte Momán
9,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Nesta nova entrega de Alberte Momán fálase da terra de ninguén, un espazo de individualización, de emancipación fronte ao corpiño social e familiar que condiciona os actos da protagonista. Pero, ao mesmo tempo, fálase da terra queimada, de como ese mesmo elemento que a cingue e a constrinxe vai minando a súa capacidade para ser dona da propia existencia. A violencia estrutural é a peza sobre a que se alicerza a trama e que explica a evolución persoal da protagonista. Unha novela breve que expón a violencia das interaccións sociais, resumidas nas relacións entre Engènes e Mortimers que describira Cocteau no seu libro Le Potomak.

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Outros libros do autor

Triloxía Vattene!

Triloxía Vattene!

Momán Noval, Alberte

Dúas historias, dúas viaxes nas que o surrealismo e a fantasía se confunden. Un antiheroe na procura dun alter ego, unha parte de si mesmo que deberá asesinar. Os superheroes masculinos que todos e todas coñecemos, mostrando o seu lado decadente nunh ...

12,00 €

Lapamán

Lapamán

Momán Noval, Alberte

Lapamán, novela de ficción de Alberte Momán Noval, editada inicialmente por Atlantís en el 2018, para inaugurar una nueva sección, M Editora Pulp, que se dedicará a recoger textos de narrativa o poesía, que puedan ser considerados Pulp, tanto ciencia ficción, como fantasía, novela negra, etc, siempre que se propongan desde una perspectiva novedosa, alejándose de los clichés del...

9,50 €

O Alento Da Musa

O Alento Da Musa

Momán Noval, Alberte

14,50 €