Saltar contido
Taboada

Taboada

Guía Dos Seus Elementos Máis Sobranceiros

Rigueira Agromartín, Roi

Este volume ten un ámbito territorial moi marcado e acoutado, que non é outro que os 147 quilómetros cadrados que abrangue o concello de Taboada. Nesta extensión de terra, dividida en 27 entidades parroquiais diferentes, é onde se concentran todos os elementos patrimoniais que figuran nesta guía. A motivación principal do autor para escribir este libro non foi outra que a de da...

Editorial:
Hércules Ediciones, S. a.
Ano de edición:
2023
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-18966-72-9
Páxinas:
248
Encadernación:
Cartoné
19,50 €
IVE incluído
Reservar
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Este volume ten un ámbito territorial moi marcado e acoutado, que non é outro que os 147 quilómetros cadrados que abrangue o concello de Taboada. Nesta extensión de terra, dividida en 27 entidades parroquiais diferentes, é onde se concentran todos os elementos patrimoniais que figuran nesta guía. A motivación principal do autor para escribir este libro non foi outra que a de dar a coñecer a inxente
cantidade de patrimonio —natural, civil e relixioso— que hai no concello de Taboada. El está convencido de que é preciso non conformarse e loitar contra o abandono e o esquecemento ao que parecen abocados algúns dos elementos patrimoniais que aquí se recollen. Se esta obra serve para que, dentro duns anos, algunha persoa se preocupe por eles, catalogándoos e ampliándoos, e continúe traballando por manter unha historia que é de todos e de todas nós, o esforzo pagará a pena.

Artículos relacionados

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Unha Historia de nós

Unha Historia de nós

Diego Dios, Pablo

Editorial Galaxia, S. a.

Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo...

19,50 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €