Saltar al contenido principal
SOMOS PANDEIRETEIRAS

SOMOS PANDEIRETEIRAS

LETRAS GALEGAS 2025

AA.VV

Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran «libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar mentres tiñan o seu transo en colectividade, libres de facer a foliada, donas do serán e donas da palabra». A partir do recoñecemento desa liberdade, naceu o proxecto «Somos...

Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2025
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-1110-609-2
Páxinas:
112
Encadernación:
Rústica
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA
17,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran «libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar mentres tiñan o seu transo en colectividade, libres de facer a foliada, donas do serán e donas da palabra». A partir do recoñecemento desa liberdade, naceu o proxecto «Somos Pandeireteiras», o lugar onde a centralidade estaría ocupada por un pronome feminino plural: nosoutras. Este libro é unha consecuencia dese proxecto de pensamento e articulación social e cultural impulsado pola sororidade e promovido pola investigadora, pandeireteira e compositora Mercedes Peón. Nas súas páxinas, seis mulleres galegas contemporáneas (Ana Romaní, María Reimóndez, Andrea Nunes, Susana Sanches Arins, Mercedes Peón e Selina Otero) recollen o testemuño desde a súa propia palabra.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA

DISCURSO DA SERVIDUME VOLUNTÁRIA

DE LA BOÉTIE,ÉTIENNE

Num tempo em que a liberdade se dissolve entre o consumo, a apatia e a despolitizaçom, este livro recupera umha pergunta incómoda formulada no século XVI por Étienne de La Boétie: por que é que os povos obedecem - e até luitam - pola sua servidume? A resposta, tam lúcida quanto perigosa, revela que a tirania nom se impom pela força, mas sí polo consentimento dos governados. O h...

11,95 €

CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS

CRÓNICAS TRANSATLÁNTICAS

BIEITO ALONSO

Estas historias de emigrantes. Crónicas de emigrantes. Como de tantas outras persoas que acordaron abandonar o territorio de orixe e instalarse, por máis ou menos tempo, nos lugares de acollida. Foron traballadores, apenas cualificados, que exerceron a súa ocupación laboral en condicións de grande dureza, en ámbitos pragados de explotación e discriminación, illados de moitos do...

21,95 €

HISTORIA FIN DE SIGLO

HISTORIA FIN DE SIGLO

CORREA FERNANDEZ, ANTONIO

Historia fin de siglo.Descripción histórico-geográfica de la provincia de Lugo, con las biografías de sus habitantes e hijos más notables en el último año del siglo XIX por Don Antonio Correa Fernández, Doctor en medicina y cirugía, académico correspondiente de la Real Academia de Medicina de Madrid, idem de la de Barcelona, socio numerario premiado de la Academia de Higiene de...

35,00 €

O PAÍS INVISIBLE

O PAÍS INVISIBLE

LEZCANO GONZÁLEZ, ARTURO

Guiado pola desmesura de vinte anos de viaxes e mudanzas, entrevistase lecturas, armado das ferramentas do reporteirismo minucioso eadobiado polo talento literario, Arturo Lezcano asina unha obramonumental que se le como unha fábula, un libro de viaxes, unha elexía e unha crónica en primeira persoa. Ou coma un Mil e unha noites dasAméricas contada a través dunha galería de pers...

25,90 €

A FORZA DE TRABALLO EN GALIZA

A FORZA DE TRABALLO EN GALIZA

NATIVIDAD LÓPEZ GROMAZ

Natividad López Gromaz realiza neste libro sobre a forza laboral galega unha análise minuciosa e anovadora das características estruturais que a definen no presente, así como a evolución nas décadas últimas. A singular evolución da poboación activa galega sitúase como base sustentadora das características compoñentes da poboación ocupada e da parada: desde 2002 a 2024 o increme...

15,00 €

RUTH MATILDA ANDERSON

RUTH MATILDA ANDERSON

RODRÍGUEZ SAAVADRA,ALBA

Ruth Matilda Anderson, foi a maior tradutora de Rosalía ao inglés e autora dunha monografía clave sobre Galiza: Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, . Este libro, baseado na investigación de Alba Rodríguez Saavedra, reivindica a súa figura e denuncia os mecanismos que a mantiveron á marxe. Unha obra que recupera a voz das mulleres rurais e a Galiza esquecida p...

19,95 €

Outros clientes tamén mercaron

AS TOLAS QUE NON O ERAN: MULLERES NO MANICOMIO DE CONXO

AS TOLAS QUE NON O ERAN: MULLERES NO MANICOMIO DE CONXO

V.VALIÑA, CARMEN

Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan. As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas ...

16,90 €

OS REIS E AS RAÍÑAS DA GALIZA

OS REIS E AS RAÍÑAS DA GALIZA

PERES VIGO, ALEXANDRE / PICALLO FONTES, HÉITOR / ERMIDA MEILÁN, XOSÉ RAMÓN

Afirmaba Aristóteles que o entendemento pleno de calquera fenómeno pasaba pola irrenunciábel tarefa de comprender a súa orixe: unha máxima que aplicada á historia do pobo galego nos obriga a deter a nosa olllada sobre aqueles dirixentes, mullerers e homes, que un día tiveron o destino de Galiza nas súas mans. Ao abeiro desta necesidade naceu a publicación "Os reis e raíñas da G...

19,90 €