Saavedra
Freguesía e Couto. Santuario Da Virxe Dos Milagres. Antiga e Ilustre Casa de Saa
David Corral Díaz
Este libro sobre a parroquia de Saavedra vai decorrendo polos variados aspectos que configuran esta comunidade veciñal asentada nun territorio do Concello de Begonte. Historia e intrahistoria, cultura, economía, vida social etc, configuran os sinais de identidade desta comunidade parroquial. A intención do autor é resaltar os valores da cultura rural e enriquecer a autoestima d...
Sinopse
Este libro sobre a parroquia de Saavedra vai decorrendo
polos variados aspectos que configuran esta comunidade
veciñal asentada nun territorio do Concello de
Begonte. Historia e intrahistoria, cultura, economía,
vida social etc, configuran os sinais de identidade desta
comunidade parroquial.
A intención do autor é resaltar os valores da cultura
rural e enriquecer a autoestima dos que naceron, se
criaron e viven mergullados neste ambiente rural onde
cada quén é coñecido polo seu nome, polo nome da
casa ou da familia, onde a paisaxe goza dun matiz afectivo
que suscita lembranzas, vivencias ocorridas no pasado.
Ninguén tan mergullado no proceso natural de
nacer, medrar e madurar co resto dos seres da Natureza
en mutua interdependencia. O libro aproveita a ocasión
para falar do que significa a parroquia rural galega, os
seus valores e recursos de que dispón como entidade
natural así como a repercusión e influencia das variacións
político-administrativas e a vida relixiosa arredor
do campanario: igrexa, cruceiro, adro e cemiterio son
os elementos da vida sociorelixiosa da parroquia.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados