Saltar contido
Rota Dos Boieiros. Río Eo Valeira-Benavente

Rota Dos Boieiros. Río Eo Valeira-Benavente

María Cando / Tino De Díaz / Antón Cando

Os primeiros boieiros documentados en Valeira, Lugo, datan do ano 1808: un preito interposto pola familia dun arrieiro, e por permisos solicitados no ano 1837 para levar bois e outros vacúns á vila e corte de Madrid, a reinos de Castela e Terras de Campos. Porén, co éxodo ás principais cidades industrializadas de España, unha parte das xentes do rural migraron a esas industr...

Editorial:
Toxosoutos, S. l.
Ano de edición:
2025
Materia:
Galicia
ISBN:
979-13-990202-5-0
Páxinas:
240
Encadernación:
Rústica
18,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Os primeiros boieiros documentados en Valeira, Lugo, datan do ano 1808: un preito interposto pola familia dun arrieiro, e por permisos solicitados no ano 1837 para levar bois e outros vacúns á vila e corte de Madrid, a reinos de Castela e Terras de Campos. Porén, co éxodo ás principais cidades industrializadas de España, unha parte das xentes do rural migraron a esas industrias fabrís: ás téxtiles e conserveiras de Cataluña, ás siderúrxicas e metalúrxicas do País Vasco; outras foron amas de cría para a aristocrática e gobernamental sociedade madrileña; obreiros para as siderúrxicas e minas de Asturias, tamén para as de León... Polo que houbo que subministrar de "víveres vivos" estas cidades, debido ás longas distancias que podrecían as carnes frescas. "Este ensaio deixa memoria de que a Galiza existiu e de que existe o noso rural, dando fe de que tamén viviu e vive".

Artículos relacionados

Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €