Saltar contido
Romances Populares Gallegos Recogidos de la Tradición Oral

Romances Populares Gallegos Recogidos de la Tradición Oral

Letras Galegas 2025

Hervella Courel, Alfonso

Alfonso Hervella Courel naceu o 6 de outubro de 1886 en Viana do Bolo. Realizou os estudos primarios na súa vila natal e en Zamora, e os de bacharelato no mosteiro de El Escorial cos padres agostiños. Fixo dereito en Deusto. Aprobou as oposición de notarías co número dous na Coruña no ano 1912, tendo como primeiro destino Padrón. Logo pasou a Monforte de Lemos e, no ano 1927, f...

Editorial:
Edicions Nigra Trea, S. l.
Ano de edición:
2011
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-15078-23-4
Páxinas:
192
Encadernación:
Cartoné
10,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Alfonso Hervella Courel naceu o 6 de outubro de 1886 en Viana do Bolo. Realizou os estudos primarios na súa vila natal e en Zamora, e os de bacharelato no mosteiro de El Escorial cos padres agostiños. Fixo dereito en Deusto. Aprobou as oposición de notarías co número dous na Coruña no ano 1912, tendo como primeiro destino Padrón. Logo pasou a Monforte de Lemos e, no ano 1927, foi nomeado notario de Medina del Campo, praza que ocupou ata o ano 1940, no que se trasladou a Palencia. Nesta cidade faleceu o 3 de decembro de 1949.

Alfonso Hervella combinou o seu labor de xurista coa investigación en temas históricos e literarios. En 1911 publicou en Ourense El libro de los portentos, que inclúe poemas de carácter relixioso, romances e exempla.

En xullo de 1909 presentou á Exposición Regional Gallega unha colección de romances de máis dun centenar de textos, que Diego Catalán cualifica de espléndida. Este estudoso do romanceiro di da obra de Hervella que «por primeira vez un colector galego acometera, con entusiasmo e resultados magníficos, o estudio de acervo romancístico dunha bisbarra». A maioría dos textos pertencen ao máis xenuíno romanceiro tradicional, segundo Ana Valenciano, que considera o traballo de Hervella «como unha das contribucións máis importantes ao estudio do Romanceiro». O autor subliña que todas as versións do seu romanceiro son copias fieis das narracións orais, sen amaños e sen retoques.

Artículos relacionados

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €