Saltar al contenido principal
Remexido de Patacas

Remexido de Patacas

Ríos Liste, Elisabet

A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea. Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambi...

Editorial:
Baía Edicións
Ano de edición:
2019
ISBN:
978-84-9995-308-3
Páxinas:
84
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
12,15 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea.

Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.

Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia.

Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse, reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que o pouso non esvaeza.

Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa son excelentes condimentos. Úsaos ao gusto.

Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa rede social favorita!

Artículos relacionados

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Outros libros do autor

Maria

Maria

Ríos Liste, Elisabet

14,00 €

María Victoria Moreno Mulleres Bravas Da Nosa Historia

10,00 €