Saltar contido
Os Celtas

Os Celtas

Unha (Re)Visión Dende Galicia

Calo Lourido, Francisco

Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. ...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2010
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-9914-096-4
Páxinas:
400
Encadernación:
Rústica
Colección:
Xerais universitaria
30,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. Proliferaron, aquí, publicacións sobre o celtismo, nas que todo era, e aínda é, celta, ou nas que a verba celta pouco máis ocupaba que unha parte do título.
Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tène, tratados como culturas arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, a historiografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanse as fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un denso capítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e a relixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión na materia de Bretaña, polo achegamento céltico medieval que puido significar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacións sobre celtas.
Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc polo autor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versión orixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

Outros libros do autor

A Historia de España Baseouse en Falacias

A Historia de España Baseouse en Falacias

Calo Lourido, Francisco

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX. A súa síntese será transmitida, como adoutrinamento, a todos os cativos e cativas da totalidade do territorio: España é unha única nación cunha Historia común que, a...

27,50 €