Saltar al contenido principal
O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a m...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
1998
ISBN:
978-84-8302-261-0
Páxinas:
152
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
19,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade.
Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.
O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.
Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Notas Ao Pé de Páxina

Notas Ao Pé de Páxina

Estévez Gantes, Xurxo

Un resumo do libro? Tres frases curtas e corenta e oito Notas ao pé de páxina, polas que circulan feministas, o Imperio romano, a Táboa Redonda e Bob Dylan, alén do lumpemproletariado, a Real Academia e os Mártires de Carral, os celtas, a queimada, a Divina Comedia e anacos da Historia da Galiza. Tamén, como non, a CIA, os ianomamis, os rusos e a Conferencia Episcopal. E non po...

19,00 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Outros libros do autor

Tras Do Ceo

Tras Do Ceo

Rivas, Manuel

Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías. No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan una situación de risco e os cazadores acoden na s...

19,95 €

Un Millón de Vacas

Un Millón de Vacas

Rivas, Manuel

Este libro nace fundamentalmente da observación. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos. Entre o videoclip e o angazo na ría, entre o turbo e a corredoira, as parabólicas e o tute, as bandas modernas e a pensión agraria... ...

17,95 €

Zona a Defender

Zona a Defender

Rivas, Manuel

Un libro comprometido sobre el mundo en el que vivimos y el que debemos dejar en herencia. La literatura de Manuel Rivas vuelve a intervenir en el mundo. En un mundo centrado en el rendimiento económico e industrial, este libro propone una perspectiva esperanzada y literaria sobre la necesidad de impulsar un cambio de significado de palabras como «sociedad», «naturaleza», «...

18,90 €

Bala Perdida

Bala Perdida

Rivas, Manuel

Bala Perdida é o derradeiro pirata do Atlántico Norte, un capitán escrupuloso que anda acompañado dun corvo e dun grupo de bravos mariñeiros. Para resolver unha misteriosa abordaxe na máxica Costa da Morte, Bala Perdida busca a axuda dunha moza xornalista que só dá noticias bonitas. ...

11,95 €

¿Qué me Quieres, Amor?

¿Qué me Quieres, Amor?

Rivas, Manuel

«Verdaderas piezas maestras de nuestra narrativa contemporánea. Y eso muy pocos escritores lo consiguen.»Diario 16Premio de Narrativa Torrente BallesterPremio Nacional de NarrativaUn viajante, vendedor de lencería, espera ansioso al volante la reaparición del hijo huido y recibe la milagrosa ayuda de un héroe del rock. El misterio de la luz de un cuadro, La lechera de Vermeer,...

10,95 €

O Raposo e a Mestra

O Raposo e a Mestra

Rivas, Manuel

O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día. ...

11,95 €