O Forasteiro Misterioso
Twain, Mark
A finais do século XVI, nunha aldea de Austria, tres rapaces baten cun misterioso forasteiro que se presenta como Satanás. Axiña xorde entre os catro un certo vínculo de familiaridade, e os tres aldeáns observan abraiados como o seu novo compañeiro demostra ter capacidade abonda para influír naquilo que se propoña, o cal xera non poucos conflitos. O caos moral é considerable, p...
Sinopse
A finais do século XVI, nunha aldea de Austria, tres rapaces baten cun misterioso forasteiro que se presenta como Satanás. Axiña xorde entre os catro un certo vínculo de familiaridade, e os tres aldeáns observan abraiados como o seu novo compañeiro demostra ter capacidade abonda para influír naquilo que se propoña, o cal xera non poucos conflitos. O caos moral é considerable, pero en todo caso unha cousa parece clara: Satanás provoca co seu inaudito comportamento que os rapaces reflexionen sobre a futilidade de canto lle acontece á raza humana.
Da man do forasteiro, o mozo protagonista, Theodor Fischer, saberá das atrocidades cometidas polo home ao correr dos séculos: torturas, inxustizas, infamias, crueldades, vilezas, covardías, falsidades... A luz que Satanás deita sobre a historia da humanidade revélaa como un auténtico pesadelo. En boa medida esta obra supón unha análise filosófica, moi ao estilo de Twain, da hipocrisía imperante, sen distinción de épocas.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados
Outros libros do autor