Saltar al contenido principal
O Falar Das Fadas

O Falar Das Fadas

Lingua, Música e Toponimios Da Galiza

Sánchez Rei, Xosé Manuel

Durante cinco anos, desde novembro de 2010 até finais de 2015, o asinante destas páxinas estivo a colaborar de modo regular coa publicación dixital Terra e Tempo [...] con artigos mensais e, xa nos últimos tempos, con contributos bimensais. Vaia por diante, antes de máis, o meu agradecemento aos órgaos de xestión da antecitada revista, dependentes da Fundación Bautista Álvarez ...

Editorial:
Baía Edicións
Ano de edición:
2016
Materia:
Filología
ISBN:
978-84-9995-209-3
Páxinas:
216
Encadernación:
Bolsillo
17,61 €
IVE incluído
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Durante cinco anos, desde novembro de 2010 até finais de 2015, o asinante destas páxinas estivo a colaborar de modo regular coa publicación dixital Terra e Tempo [...] con artigos mensais e, xa nos últimos tempos, con contributos bimensais. Vaia por diante, antes de máis, o meu agradecemento aos órgaos de xestión da antecitada revista, dependentes da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, pola oportunidade brindada e por así poder participar nunha publicación que posúe unha traxectoria de máis de corenta anos (seis na era dixital desde 2010) e que na actualidade constitúe unha referencia entre os medios de información, de comunicación e de pensamento na Galiza [...].

O presente traballo recolle, por tanto, a maior parte deses textos, que, á excepción dalgún caso, proveñen da coñecida revista. Xa nesta altura, perante a selección nun único volume, era necesario estaren dotados dun título unitario. E pensei, para iso, que o famoso nome do poema de Valentín Lamas Carvajal publicado en Saudades gallegas (1880) podía servir para tamén intitular a presente escolla, a cal asenta en tres eixos temáticos xerais: con independencia de certos artigos se centraren en asuntos como o labor do asociacionismo veciñal, a reinvindicación da figura de Alexandre Bóveda, as impresións particulares que me inspiraron determinadas vivencias etc., o certo é que a lingua, a música tradicional e os nomes de lugar do país son as cernas fundamentais do libro. Todas tres, embora pedagoxicamente poidan resultar saberes ou disciplinas doadamente delimitábeis, ilustran innúmeros puntos de confluencia, de forma que, a pesar do maior peso dos contributos focados en temas filolóxicos aquí contidos, os consagrados a aspectos da toponimia e da música galegas conseguen harmonizar con eles ao serviren como eficaz complemento e non exclusivamente ornamental: as fadas galegas, ao falaren, fano en galego, e elas propias, cando cantan, fano tamén no noso idioma; por súa vez, as montañas, os ríos, os penedos, as fontes, os lugares, os camiños e os vales, cando se fan lingua entre nós mediante a toponimia e cando se comunican coas fadas, tamén se exprimen en galego. Aí é onde aparece, pois, o verdadeiro falar das fadas, capaz de vincular a lingua, a música e a paisaxe transformada en millenta nomes.

Artículos relacionados

Las Armas y las Letras

Las Armas y las Letras

Trapiello, Andrés

Edición ampliada.Considerado ya un clásico, agotado y buscado como libro de culto, Las armas y las letras fue en su día algo más: una mirada libre, minuciosa y completa sobre la literatura en la Guerra Civil española. Ahora, Austral publica una edición actualizada y con prólogo actualizado de su autor. «Los estudios sobre la guerra civil y la publicación y rescate de textos ori...

13,95 €

El Canon Formentor

El Canon Formentor

Formentor, Fundación

Una excepcional biografía literaria de nuestra contemporaneidad. El canon Formentor cuenta la historia de un premio literario dedicado a celebrar las obras maestras de la alta cultura. Un premio iniciado en Formentor en 1961 y recuperado felizmente cincuenta años después. Desde Samuel Beckett y Jorge Luis Borges, hasta Annie Ernaux, László Krasznahorkai, Hélène Cixous y Gonçalo...

37,00 €

William Blake y los Monstruos Marinos del Amor

William Blake y los Monstruos Marinos del Amor

Hoare, Philip

Una celebración del arte, la imaginación y la libertad William Blake fue poeta, pintor, grabador y visionario, una figura revolucionaria que nos invita a mirar el mundo con nuevos ojos. En William Blake y los monstruos marinos del amor, Philip Hoare, uno de los grandes ensayistas literarios de nuestro tiempo, se acerca a Blake para explorar la fuerza de una imaginación que sig...

24,95 €

El Arte de Viajar sin Moverse del Sitio

El Arte de Viajar sin Moverse del Sitio

Rodríguez, Hilario J.

Desde que viajar se ha convertido en espectáculo y el turismo en una industria de masas, la experiencia del viaje parece haberse vaciado de sentido: destinos intercambiables, imágenes previsibles, recorridos homologados. Frente a este paisaje de consumo carente de asombro, este libro propone una inversión radical: recuperar la imaginación como territorio primero del viaje. Ins...

15,00 €

Kafka

Kafka

Safranski, Rudiger Safranski

Rüdiger Safranski nos presenta a Kafka ante la tarea de escribir, en las cartas y otros documentos del genial autor, descubre los momentos de felicidad que Kafka experimentaba ante su escritorio, y también aquellos instantes en los que el mundo se le aparecía como completamente extraño y ajeno. Kafka nos conduce de forma magistral al centro de una obra literaria que se cuenta ...

11,95 €

El Dedo en los Labios

El Dedo en los Labios

Pons, Lola

UNA LECTURA INÉDITA DE LA CULTURA HISPÁNICA TRAVÉS DE LO QUE NO SE DICE, DEL SILENCIO «Lola Pons se parece a la idea platónica de filóloga: su amor por las lenguas, su saber y su don para divulgar son una fiesta para lectoras como yo».Irene Vallejo «Lola Pons es una maga de las palabras: con asombrosa, amenísima y brillante erudición, hipnotiza al lector y lo conduce por las ...

20,90 €

Outros libros do autor

O Portugués Esquecido

O Portugués Esquecido

Sánchez Rei, Xosé Manuel

Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos e tratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desde os inicios da tradición gramatical portuguesa...

39,95 €