Nu 63
Vázquez Liste, José
Coma ben di no Limiar Suso Bahamonde "Espirse no inverno é duro" e aínda así "Escribo en primeira persoa" dende o convencemento de que "Este é un xardín de augas excarceradas", un remanso de "Pozas primaverais onde baixan beber tódalas sedes".Mais ese recendo de "Roupa branca e lenzaría vermella no único caixón da casa" acende a "Lava orgástica derretida no padal dos desexos" e...
Sinopse
Coma ben di no Limiar Suso Bahamonde "Espirse no inverno é duro" e aínda así "Escribo en primeira persoa" dende o convencemento de que "Este é un xardín de augas excarceradas", un remanso de "Pozas primaverais onde baixan beber tódalas sedes".
Mais ese recendo de "Roupa branca e lenzaría vermella no único caixón da casa" acende a "Lava orgástica derretida no padal dos desexos" entón, "Doume e recíbote coma unha metáfora imposible" sabendo que "A pel, é a razón última do ADN dun poeta". E así, dende a loucura de facerme visíbel, pregúntome "Por que o teu Sur quer derreter meu Norte?", "Cantos graos pode soportar o xemer dun sopro de
alento?" "Comerei a vida sen arrotar a fame do non libado" e farei por "Chamarlle ás cousas polo seu nome".
Ou ensinalas, do mesmo xeito que o fai a autora das fotografías, Ana Tomé.
Ela dá as puntadas precisas, no instante preciso, para encadernar o sentido do conxunto.
Ela fai da cronoloxía visual un sentir, coma a necesidade de reflectir nas súas creacións, ese ritual exotérico de premer o disparador, no intre xusto en que o instante se fai irrepetíbel.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados