Nas Nubes
Xv Premio Barriga Verde Adultos
José Luis Baños De Cos
Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic. Para o xurado, Nas nubes é unha proposta clara e atractiva cara a unha posta en escena na que se mesture a intervención dos manipuladores dos monicreques cos propios personaxes. Ademais, remite a un rexistro teatral no que os obxectos cob...
Sinopse
Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic.
Para o xurado, Nas nubes é unha proposta clara e atractiva cara a unha posta en escena na que se mesture a intervención dos manipuladores dos monicreques cos propios personaxes. Ademais, remite a un rexistro teatral no que os obxectos cobran un gran valor, tanto na súa dimensión plástica como simbólica, integrando temáticas como a obsolescencia programada ou a dixitalización da conduta humana.
*****
José Luis Baños de Cos con Nas nubes, propón unha situación futurista e distópica na que dous guías dun museo lle amosan a un público erudito obxectos da era "predixital", cunha ambientación musical e estética inspirada na cultura xaponesa.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados