Na Noite Estrelecida
Cabanillas, Ramon
En 1926, Ramón Cabanillas deu ao prelo, na editorial Lar, Na noite estrelecida, recreación poética dos mitos da Materia de Bretaña desde a óptica galega, nun tempo en que se procuraba dotar a nosa cultura dun pasado mítico a través de símbolos compartidos por outras culturas atlánticas: Merlín, Escalibur, Galahaz, o Santo Grial... Nesta edición, Xosé Ramón Pena achéganos, un sé...
Sinopse
En 1926, Ramón Cabanillas deu ao prelo, na editorial Lar, Na noite estrelecida, recreación poética dos mitos da Materia de Bretaña desde a óptica galega, nun tempo en que se procuraba dotar a nosa cultura dun pasado mítico a través de símbolos compartidos por outras culturas atlánticas: Merlín, Escalibur, Galahaz, o Santo Grial...
Nesta edición, Xosé Ramón Pena achéganos, un século despois, á obra do poeta das Irmandades, onde é constante a presenza de elementos pondalianos e ossiánicos, algúns en relación coa relixión druídica e outros coa cultura celta, na procura dun sincretismo entre os mundos celta, artúrico e galego.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Información de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados
Outros libros do autor