Saltar al contenido principal
Na Cerna Da Selva

Na Cerna Da Selva

Tobaruela, Pere

Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entre dúas civ...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2022
Materia:
Juvenil
ISBN:
978-84-9151-933-1
Páxinas:
148
Encadernación:
Rústica
Colección:
Costa Oeste
15,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entre dúas civilizacións, a moderna Europa fronte á descoñecida África, un mundo primitivo, cheo de segredos ancestrais, lendas e coñecementos máxicos. E neste mundo, na cerna da selva, unhas circunstancias alleas a el levarán a Xiao a descubrir cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivencias límite que afrontará con Nzigui, un pigmeo co que forxará unha forte amizade.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Reencontro

Reencontro

Uhlman, Fred

Reencontro é a historia da amizade entre dous mozos de dezaseis anos separados pola barbarie nazi.Hans é fillo dun médico xudeu e Konradin é un aristócrata descendente dunha das familias máis antigas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos, pero cando Hitler chega ao poder, Konradin entra nas filas nazis e Hans ten que marchar ...

12,90 €

O Misterio Do Torque de Burela (Lectura Facil)

O Misterio Do Torque de Burela (Lectura Facil)

Yañez, Antia

Os irmáns Antón, Carola, Sabela e Iria, co seu can Venres, investigan un misterio: o roubo do famoso Torque de Burela no Museo Provincial de Lugo. Os protagonistas terán problemas durante a súa investigación. Poderán resolvelos? ...

15,50 €

Meigas (Lectura Facil)

Meigas (Lectura Facil)

Folgar Brea, Esteban

Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle fan dano á xente. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o pide. Pero tamén se enfadan, bailan e van xuntas de festa. A protagonista desta novela é Xiana, unha rapaza de 16 anos que é neta dunha meiga. Xiana quere ser meig...

15,50 €

Pontealbar: Cando a Bubela Era a Voz Do Vento

Pontealbar: Cando a Bubela Era a Voz Do Vento

Noia, Adrian

A vida de Pedro de Pontealbar muda cando descobre que a fin do mundo está preto por culpa dun pacto entre o conde Albar e unha misteriosa criatura lendaria, o Demo da Serpe. A pantasma de Marcela, vítima da crueldade do conde, aparece para encomendarlle a Pedro a salvación da súa aldea antes de que sexa demasiado tarde. Comeza así unha aventura por un mundo indescritible situad...

15,50 €

A Historia de Brava Panadeira

A Historia de Brava Panadeira

Borras, Alicia

Brava, unha simpática cadela do refuxio, só ten dous defectos coñecidos: roubar todo o pan que ulisca preto dela e saír lixeira tras as furgonetas que o reparten. Aínda así, Lira e os seus fillos, Alba e Xullo, queren adoptala. Por iso, cando o rapaz máis listo do mundo co nome do mes en que naceu abre os brazos para acollela, Brava lámbelle o nariz coma se fose un xeado mentre...

13,50 €

Irracionais. (Costa Oeste)

Irracionais. (Costa Oeste)

Alfaya, An

Irracionais é unha novela que convida á reflexión sobre o respecto á diversidade fronte á intransixencia de quen rexeita as distintas identidades. A obsesión do neurólogo Vicente Barbosa polo número áureo, coa complicidade da publicista Alexia Velasco e do cirurxián plástico Bruno Rodas, lévaos a tramar un plan macabro cuxa cerna agroma da discriminación sexual e de xénero. O s...

15,50 €

Outros libros do autor

Mariña e o Balon. O Primeiro Gol

Mariña e o Balon. O Primeiro Gol

Tobaruela, Pere

Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Despois dalgunhas dúbidas, por fin decide anotarse no equipo de fútbol feminino da vila coas súas mellores amigas. Empezan os adestramentos e elas pásano de marabilla practicando o seu deporte favorito. Cando se achega o primeiro partido, Mariña relouca por demostrar o moito que aprendeu e por axudar as compañeiras a marcar gol. Unh...

12,95 €

Formigas 8. Mision Samain

Formigas 8. Mision Samain

Tobaruela, Pere

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Samaín» as FORMIG4S entran no Alén tras os pasos dun enigmático escaravello branco. Alí atópanse coa Santa Compaña e outros personaxes estraños. Nesta estarrecedora aventura no ...

13,50 €

Formigas. 6 Misión Rosalía

Formigas. 6 Misión Rosalía

Tobaruela, Pere

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Rosalía» os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e...

13,95 €

Matilde e o Comisario

Matilde e o Comisario

Tobaruela, Pere

Uns misteriosos roubos de cadáveres, o preludio dunha nova investigación que levará a Matilde e o comisario a enfrontarse a outro estraño caso en que se mesturan a realidade, os soños e as lendas e onde nada nin ninguén é o que parece. ...

12,00 €

Formigas. Mision Entroido

Formigas. Mision Entroido

Tobaruela, Pere

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Entroido» as FORMIG4S enfróntanse ao doutor Paumao durante estas populares festas. Que tramará o malévolo científico? A brigada especial será capaz de poñer freo aos seus plans?...

13,50 €

Mariña e o Balón

Mariña e o Balón

Tobaruela, Pere

Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo. Con todo, Mariña devece tanto por canear, fintar, pasar, xutar e meter gol que está disposta a solucionar este probl...

12,50 €