Saltar al contenido principal
Laudatio Funebris

Laudatio Funebris

Da Morte, o Pranto e o Alén no Reino de Galiza

Andrés Díaz / Eva Moreda

Que significaba morrer na Idade Media? Os prantos galegoportuguesesamósannos un conxunto de prácticas culturais nas quea morte non era só un feito biolóxico, era tamén un acto social,político e artístico.Estes poemas musicados, creados no ámbito cortesán e relixiosopara conmemorar a morte dunha persoa, con ecos na tradiciónpopular, transmiten unha pluralidade de voces e revelan...

Editorial:
A Central Folque. Centro Galego de Música Popular
Materia:
Galicia
ISBN:
979-13-990115-5-5
20,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Que significaba morrer na Idade Media? Os prantos galegoportugueses
amósannos un conxunto de prácticas culturais nas que
a morte non era só un feito biolóxico, era tamén un acto social,
político e artístico.
Estes poemas musicados, creados no ámbito cortesán e relixioso
para conmemorar a morte dunha persoa, con ecos na tradición
popular, transmiten unha pluralidade de voces e revelan como se
construían formas colectivas de memoria, identidade e poder. Neles
recoñecemos non só a dor e o consolo, senón tamén a súa
sofisticación estética, encargos dinásticos para afirmar liñaxes,
exercicios de memoria colectiva ou formas de devoción.
Redescubrilos hoxe é unha oportunidade para volver a un tempo no
que a morte se representaba, cantaba e ritualizaba para dotala de
sentido, deixando un legado literario, lingüístico e emocional que
segue a interpelar a nosa sensibilidade contemporánea.

Artículos relacionados

Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

Vv.aa., Vv.aa.

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non...

15,00 €

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

Costa Rico, Antón

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

24,40 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €