Saltar al contenido principal
Imaxes Roubadas

Imaxes Roubadas

Araújo, Nones

Os relatos de «Imaxes roubadas» están inspirados por obras de arte imprescindibles, e, a través delas e da palabra, condúcennos ao encontro co desamor, co abandono, co desprezo ao talento feminino, coas arelas das nais solteiras e das persoas diferentes... As destes contos son palabras roubadas ás imaxes que nos mergullan na pobreza infantil, nos excesos dos ricos infelices, na...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-1110-068-7
Páxinas:
176
Encadernación:
Rústica
18,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Os relatos de «Imaxes roubadas» están inspirados por obras de arte imprescindibles, e, a través delas e da palabra, condúcennos ao encontro co desamor, co abandono, co desprezo ao talento feminino, coas arelas das nais solteiras e das persoas diferentes... As destes contos son palabras roubadas ás imaxes que nos mergullan na pobreza infantil, nos excesos dos ricos infelices, na crise, no incivismo, no fanatismo relixioso, no erotismo e no humor. As segundas oportunidades, que inzan de esperanza os amores serodios, e os individuos impresentables, convertidos en boas persoas por arte da maxia e da tolerancia, tamén forman parte deste fermoso catálogo literario.
Nones Araújo é sabedora de que o camiño andado non sempre é a única opción. A escritora confía na capacidade da literatura para abrir portas cando a liberdade é roubada e se impón a desigualdade. Por iso nos proporciona estes relatos de ficción en tempos tramposos, con finais non sempre festivos e, ás veces, sorprendentes.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Outros libros do autor

Novas Adiviñas para Meniños e Meniñas

Novas Adiviñas para Meniños e Meniñas

Araújo, Nones

Que cousa ten aspas coma un muíño e soluciona perigos? Que transporte ten de nome unha unidade de medida? Que deporte de pista se xoga cun volante? Este libro reúne un cento de ocorrentes e variadas adiviñas: sobre a casa, a cidade, o corpo humano, os transportes, o hospital, os instrumentos musicais e os deportes. Divírtete tentando acertalas! ...

11,15 €

Cen Adiviñas para Enredar

Cen Adiviñas para Enredar

Araújo, Nones

Animais, elementos da naturaleza, froitas, xoguetes, materiais para a escola, profesións, contos tradicionais e festas escolares. Entre estas oito seccións repártese o cento de ocorrentes adiviñas que completan este libro. Unha manchea de textos sinxelos para poñer a proba a perspicacia dos cativos e enriquecer o seu vocabulario. ...

11,15 €

Cien Adivinanzas para Jugar

Cien Adivinanzas para Jugar

Araújo, Nones

Animales, elementos de la naturaleza, frutas, juguetes, materiales de la escuela, profesiones, cuentos tradicionales y fiestas escolares. Entre estas ocho secciones se reparte el centenar de las ocurrentes adivinanzas que completan este libro. Un filón de textos sencillos para poner a prueba la perspicacia de los primeros lectores y enriquecer su vocabulario. ...

11,15 €