Saltar al contenido principal
Historias para Coñecermos Pontevedra: a Illa Das Esculturas

Historias para Coñecermos Pontevedra: a Illa Das Esculturas

A Pantasma de Insua

Lopo, Santiago

A Illa do Covo, topónimo como se coñece a insua formada na xunqueira do Lérez, muda en Illa das Esculturas no contexto do ano Xacobeo 99. O proxecto xorde para incorporar o borde urbano ao centro histórico e cultural de Pontevedra, e a illa convértese nunha extensión ao ar libre do Museo Provincial. A Illa das Esculturas baséase nunha simbiose entre medio ambiente e paisaxe, de...

Editorial:
Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-128006-3-0
Encadernación:
Otros
11,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A Illa do Covo, topónimo como se coñece a insua formada na xunqueira do Lérez, muda en Illa das Esculturas no contexto do ano Xacobeo 99. O proxecto xorde para incorporar o borde urbano ao centro histórico e cultural de Pontevedra, e a illa convértese nunha extensión ao ar libre do Museo Provincial. A Illa das Esculturas baséase nunha simbiose entre medio ambiente e paisaxe, desenvolvendo un diálogo co espazo natural e a creatividade artística. Estas mesmas premisas guiaron os autores e autoras das obras, de tal xeito que, as esculturas animan a cidadanía a adoitar unha nova ollada do seu tempo de lecer, pondo en relación natureza e arte. Todas as intervencións teñen como fío condutor a pedra de granito que xunta a tradición canteirá da bisbarra coa modernidade e cultura galega. A insua do Covo intégrase na malla urbana de Pontevedra para reconstruír o espazo en desuso nunha paisaxe cultural de referencia e modelo de desenvolvemento urbano sostible. A pantasma da insua: de mañá cedo mentres fai exercicio, o protagonista olla uns códigos qr pegados ás esculturas da insua. A través deles accede a un podcast, q

Artículos relacionados

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

A Cámara Das Marabillas

A Cámara Das Marabillas

Oruña, María

O crime perfecto tamén pode ser unha obra de arte. O novo misterio da raíña do thriller. Máis de 1.500.000 lectores. No maxestoso Palacio Dourado, situado no centro de Madrid, o máis selecto do mundo da arte reuniuse para a inauguración de Pentimento, un museo que amosa reproducións de obras de arte icónicas no contexto no que se exhibiron por primeira vez. Amanda Mendoza, a an...

23,95 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

O Libro Dos Anatemas

O Libro Dos Anatemas

Eudoxia, Val

O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen. «O Libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do prólogo de Emma Pedreir...

19,00 €

Outros libros do autor

A Carteira

A Carteira

Lopo, Santiago

Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures». A través dos seus ollos, Santiago Lopo mergúllanos na Galicia urbana e fainos partícipes de todas as dificultades ás que esta traballadora se enfronta n...

19,95 €

A Arte de Trobar

A Arte de Trobar

Lopo, Santiago

No século XIII, unha " troupe " de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice ocu...

19,50 €