Saltar al contenido principal
(G). A Antartida Media 1,72

(G). A Antartida Media 1,72

Meira, Patricia

Na Antártida o tempo magoa a permanencia do pasado, unha xistra aguzada corta de súpeto á altura dos xeonllos o poema, desde aí a verdade álzase inconmesurable contra o silencio, coma unha balea austral no centro do nada. Unha fenda abriu ao medio o territorio e, a medida que as dúas marxes se afastan, a palabra acolle entre os dedos unha distancia glaciar. E algo semellante á ...

Editorial:
Elvira Editorial
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-126395-9-9
Páxinas:
80
Encadernación:
Otros
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Na Antártida o tempo magoa a permanencia do pasado, unha xistra aguzada corta de súpeto á altura dos xeonllos o poema, desde aí a verdade álzase inconmesurable contra o silencio, coma unha balea austral no centro do nada. Unha fenda abriu ao medio o territorio e, a medida que as dúas marxes se afastan, a palabra acolle entre os dedos unha distancia glaciar. E algo semellante á quietude vai tecendo este deserto xeado que arrasa a linguaxe, as outras que fomos, incluso a cicatriz. Patricia Meira consegue con estes versos conformar todo un cosmos do frío, con precisión e contundencia, coa habilidade coa que se mete a sede polo ollo dunha agulla.

Artículos relacionados

Noiticidio

Noiticidio

Fernández Araújo,Mª Rosa

Noiticidio é un poemario escrito en galego, que explora o tema da noite... Máis que un libro podería definirse coma un experimento. Esta antoloxía está concibida como unha viaxe interior a través da noite e defínese coma unha especie de experimento, debido a que foi escrita nunha soa vixilia. Deste xeito, os efectos do cansazo e do insomnio vanse revelando ao longo do poemario ...

12,00 €

Cunetas

Cunetas

Pimentel, Luis

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros d...

14,50 €

37

37

Salvaxe, Alicia / Savaxe, Alicia

37 es una cartografía emocional compuesta por treinta y siete piezas que oscilan entre el micropoema, la prosa poética y la canción, dando forma a una experiencia híbrida donde el lenguaje se estira, se quiebra y respira.A través de una estructura fragmentaria —marcada por pulsos como «Todo fluye», «Adicia», «Catástrofe» o «No ser», Alicia Savaxe construye un trayecto íntimo qu...

18,00 €

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Alonso Montero, Xesus / Edicion Ramon Nicolas

Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos "e outros letraferidos", entendan unha das estratexias das que se servía o fran...

15,00 €

A Distancia Do Século

A Distancia Do Século

Ánxel Huete

Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. ...

17,50 €

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Reixa, Anton

O poema «Cicatriz» do artista multimedia Antón Reixa (Vigo, 1957) serve de base literaria ao espectáculo de danza homónimo con dirección de Kirenia M. Acosta. En 2024, Kirenia propúxolle a Reixar utilizar o seu poema «Cicatriz», para un espectáculo de dan ...

18,00 €