Fronteira Paraiso
Penas Estevez, Silvia / Fotos De Jesús Andrés Tejada
A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín...Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar.Idilio terrible por impronunciable, querer traducilo a palabras e converter a experiencia da escrita en ritual. A...
Sinopse
A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín...Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar.
Idilio terrible por impronunciable, querer traducilo a palabras e converter a experiencia da escrita en ritual. A lectura é catártica e, desde o fondo do escuro, ilumina.
O poema é gritar salvaxemente e preguntarse como domesticar a frustración, é escribir o corpo e trazar un río-límite sobre o territorio informe da vida, é «limar a lingua, limar os labios» de desespero para chegar á fronteira e desfacela.
Franquear as múltiples portas deste poemario, entregarse ás palabras, é bucear na superficie ou planear na profundidade; confrontarse coa herdanza colectiva que construíu un paraíso equivocado, «e nada máis/ e isto é moito e pouco/ e nada máis».
Area Erina
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados