Saltar contido
Fornelos & Fornelos: Terceira Fundación

Fornelos & Fornelos: Terceira Fundación

Terceira Fundación

Quintiá, Xerardo

A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos fí...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2019
ISBN:
978-84-9121-515-8
Páxinas:
88
Encadernación:
Rústica
Colección:
Poesía
14,90 €
IVE incluído
Reservar
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos físicos e espirituais que o tempo converteu en ruínas, que non son outra cousa que a metáfora da propia vida. A ruína doe porque é ferida e só a través da palabra pode ser asumida dun xeito racional e á vez emotivo. Ese é o encargo do poeta: sacar á luz o que permanece agochado baixo os restos do derrubamento a través dunha escrita afastada de dogmas, que se abre ao ritmo do alento co que respira.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Polos Fíos Da Memoria

Polos Fíos Da Memoria

Castro García, Matilde

O Bidueiro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame d...

10,00 €
Calixe

Calixe

Sara Plaza / Blado Ramos

O Bidueiro

o segundo título da colección "folla de bido" é a primeira parte do intercambio poético entre dúas voces que, por camiños moi diferentes, teñen xa un lugar de relevo na poesía galega contemporánea. Son, ademais, dúas persoas moi queridas para a nosa casa.Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2020 co vibrante todos os pasos fan ruído leva desde aquela tecendo unha voz ...

14,00 €
O Patio

O Patio

Eduardo Estévez / Marga Crespo

O Bidueiro

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobr...

15,00 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €

Outros libros do autor

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
Historias Do Quintopino

Historias Do Quintopino

Quintia, Xerardo

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nun recuncho do mapa está O Quintopino, unha vila un tanto estrafalaria onde é doado atoparse con personaxes únicos, como poetas a tempo completo, dragóns vexetarianos, princesas guerreiras, monstros co corazón avariado ou bruxas que buscan compañía. Un libro de relatos sorprendente, cheo de enxeño e xogos de palabras, que celebra a imaxinación, a amizade verdadeira, o poder tr...

12,95 €
O Corazón Dos Paxaros

O Corazón Dos Paxaros

Quintiá, Xerardo

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

O corazón dos paxaros é unha alegación contra a caza. Unha historia que abala entre o divertimento e o compromiso na que, a través do humor, a poesía e a musicalidade dos xogos de palabras, se busca pór de manifesto a importancia dos animais e a necesidade dun cambio profundo na nosa relación con eles. ...

16,50 €
Fornelos & Fornelos

Fornelos & Fornelos

Quintiá, Xerardo

Espiral Maior

15,00 €
Ke-Tumba Ke-Tamba

Ke-Tumba Ke-Tamba

Quintiá, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, que como é ben sabido, son un pobo de feroces guerreiros salvaxemente salvaxes. O problema é que o noso amigo Ke-Tumba Ke-Tamba nin é feroz, nin é salvaxe nin lle presta ser guerreiro. ...

14,80 €