Fillos de Gael
Costoya, Rodrigo
Os farrapos ciscados do gran pobo celta Xa só o vento visita a chaira senlleira. As pedras milenarias, inmunes aos seus embates, dormen un sono perpetuo. A memoria da vella Armórica resiste a duras penas o paso dos séculos, e só uns poucos conservan a sabedoría antiga dos fillos de Gael. O pobo perdido que, diseminado ao redor dun mar común, arrastra máis de mil anos de extermi...
Sinopse
Os farrapos ciscados do gran pobo celta
Xa só o vento visita a chaira senlleira. As pedras milenarias, inmunes aos seus embates, dormen un sono perpetuo. A memoria da vella Armórica resiste a duras penas o paso dos séculos, e só uns poucos conservan a sabedoría antiga dos fillos de Gael. O pobo perdido que, diseminado ao redor dun mar común, arrastra máis de mil anos de exterminio inexorable.
Un neno elixido
É o inverno de 1397. Nas fonduras máis avesías do bosque de Karnag chega ao mundo Aydan, a última esperanza para o seu pobo. O pequeno nace atado a unha estraña profecía que é, a un tempo, bendición e maleficio.
Estender luz sobre as tebras.
Cambiar o mundo para sempre.
A herdanza das nacións gaélicas acompañarao na súa procura, pois o futuro da humanidade, aínda sen el sabelo, está ligado ao seu destino.
A memoria esvaecida
Os menhires, testemuñas mudas da súa historia, gardarana ata o abrente no eco da eternidade. Talvez eles poidan responder, algún día, as preguntas que xa ninguén sabe formular.
Que aconteceu co pobo perdido?
Que foi dos fillos de Gael?
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados
Outros libros do autor