Saltar al contenido principal
Dorna Arelante no Neboeiro

Dorna Arelante no Neboeiro

Pechu Naveiras

"Dorna arelante no neboeiro váisenos entregando coma unha canción con grolos de natureza doces e refrescantes, berros de denuncia adozados de recendos do Eume, pequenas historias dos antigos celtas, raios de sol perfumados en belidas flores e soños fermosos convertidos en ilusións. No libro resoan ecos da nosa lírica popular e un son rítmico procedente, tal vez, do mar do Orzán...

Editorial:
Medulia Editorial S. l.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-10324-31-2
Páxinas:
202
17,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

"Dorna arelante no neboeiro váisenos entregando coma unha canción con grolos de natureza doces e refrescantes, berros de denuncia adozados de recendos do Eume, pequenas historias dos antigos celtas, raios de sol perfumados en belidas flores e soños fermosos convertidos en ilusións. No libro resoan ecos da nosa lírica popular e un son rítmico procedente, tal vez, do mar do Orzán. Asemade nestes versos latexan, como dicía o poeta vasco Nikolas Zimarro: "unha busca da vida intelixente e clara, a vida que concreta a imposibilidade do non posíbel equilibrio entre a bondade e a simulación, a vida que se reflexa por medio da dialéctica quimérica entre o consciente e o inconsciente, a vida que aparece, un pouco, como a crónica da procura da verdade que se incrusta nun universo caótico de sentimentos".

Nada máis. Que o lector abra o seu corazón, limpo e puro, e reciba estes poemas coma unha luzada infinda. Pechu Naveiras, novo bardo cascarilleiro do Eume, xa ficas para sempre na nosa memoria colectiva. Pechu Naveiras, poeta alén". ALBERTE SURAS

Artículos relacionados

Noiticidio

Noiticidio

Fernández Araújo,Mª Rosa

Noiticidio é un poemario escrito en galego, que explora o tema da noite... Máis que un libro podería definirse coma un experimento. Esta antoloxía está concibida como unha viaxe interior a través da noite e defínese coma unha especie de experimento, debido a que foi escrita nunha soa vixilia. Deste xeito, os efectos do cansazo e do insomnio vanse revelando ao longo do poemario ...

12,00 €

Cunetas

Cunetas

Pimentel, Luis

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros d...

14,50 €

37

37

Salvaxe, Alicia / Savaxe, Alicia

37 es una cartografía emocional compuesta por treinta y siete piezas que oscilan entre el micropoema, la prosa poética y la canción, dando forma a una experiencia híbrida donde el lenguaje se estira, se quiebra y respira.A través de una estructura fragmentaria —marcada por pulsos como «Todo fluye», «Adicia», «Catástrofe» o «No ser», Alicia Savaxe construye un trayecto íntimo qu...

18,00 €

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Alonso Montero, Xesus / Edicion Ramon Nicolas

Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos "e outros letraferidos", entendan unha das estratexias das que se servía o fran...

15,00 €

A Distancia Do Século

A Distancia Do Século

Ánxel Huete

Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. ...

17,50 €

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Cicatriz (Poema para Bailar) Scar (Poem For Dancing)

Reixa, Anton

O poema «Cicatriz» do artista multimedia Antón Reixa (Vigo, 1957) serve de base literaria ao espectáculo de danza homónimo con dirección de Kirenia M. Acosta. En 2024, Kirenia propúxolle a Reixar utilizar o seu poema «Cicatriz», para un espectáculo de dan ...

18,00 €