Saltar al contenido principal
Demos Nas Verbas

Demos Nas Verbas

Loló Mourelos

Nesta obra van anacos da vida da autora e vivencias da súa contorna, a ferro ardente; máis que sentimentos espidos, son paixóns descarnadas; sen transitar nunca por camiños cómodos e doces, senón por vías feridas e que feren. Tantas veces expresando, desde unha ansía vital inmensa, o desexo da morte, como experiencia de vida común. O contraste vida e desexo de vida permanente, ...

Editorial:
Toxosoutos, S. l.
ISBN:
979-13-991592-1-9
14,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Nesta obra van anacos da vida da autora e vivencias da súa contorna, a ferro ardente; máis que sentimentos espidos, son paixóns descarnadas; sen transitar nunca por camiños cómodos e doces, senón por vías feridas e que feren. Tantas veces expresando, desde unha ansía vital inmensa, o desexo da morte, como experiencia de vida común. O contraste vida e desexo de vida permanente, choca de xeito continuo coa realidade da morte, da dor, do sufrimento como tropezan un amor e un desamor levado aos extremos. Todo reflectindo unha vivencia sempre nos limites da felicidade absoluta e da tristeza e pesimismo infinitos, expresados dunha forma libre e na que se pretenden destacar palabras que ás veces ocupan só unha liña, para centrar ao lector, e á autora mesma, en todas as suxestións q ue pode producir esa verba. Este libro non é cómodo, pero leva en si o pracer de vivir na dureza das estremas, nunha fuxida continua dos grises, do morno, das medias tintas. Ou branco ou negro, xe ou brasa. Intensidade permanente....

Artículos relacionados

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

A Virxe Do Cristal

A Virxe Do Cristal

Curros Enriquez, Manuel

Unha das máis enigmáticas lendas galegas revive nesta coidada reedición d´"A Virxe do Cristal", un dos poemas narrativos máis emblemáticos e conmovedores de Manuel Curros Enríquez.Entre o misterio, a tradición popular e a forza da paisaxe galega, este libro mergúllanos nun universo onde o sabrado e o humano se entrelazan nun delicado equilibrio. ...

12,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

Con Pólvora y Magnolias

Con Pólvora y Magnolias

Méndez Ferrín, Xosé Luís / Mendez Ferrin, Xose Luis

A aparición, en novembro de 1976, de Con pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín, supuxo toda unha revolución cultural. Esta obra marcaría un novo tempo para a poesía galega. Pola calidade e novidade do seu verso, mais tamén polo seu singular formato e deseño. Unha coidada edición facsimilar de Alvarellos Editora rescata agora esta obra emblemática, cando se cumpren...

22,90 €

Tríade

Tríade

Vázquez Chantada, Francisco

Tríade é un proxecto de evolución poética, que abarca unha década de creación, a través de tres poemarios escolmados. Dende "A forza das cousas" (1996): poesía que atende o cotián, o ritmo vital dos días e das cousas. Em " A historia que sabemos é vivir" (2000), os poemas acadan un perfil intimista. Vestixios que falan de periplos sentimentais e do mundo. Ata os que m...

14,00 €