Saltar contido
Crónicas Transatlánticas

Crónicas Transatlánticas

Bieito Alonso

Estas historias de emigrantes. Crónicas de emigrantes. Como de tantas outras persoas que acordaron abandonar o territorio de orixe e instalarse, por máis ou menos tempo, nos lugares de acollida. Foron traballadores, apenas cualificados, que exerceron a súa ocupación laboral en condicións de grande dureza, en ámbitos pragados de explotación e discriminación, illados de moitos do...

Editorial:
Laiovento, S. l.
Ano de edición:
2025
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-8487-747-9
Páxinas:
262
Encadernación:
Rústica
Colección:
COLECCION XERAL
21,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Estas historias de emigrantes. Crónicas de emigrantes. Como de tantas outras persoas que acordaron abandonar o territorio de orixe e instalarse, por máis ou menos tempo, nos lugares de acollida. Foron traballadores, apenas cualificados, que exerceron a súa ocupación laboral en condicións de grande dureza, en ámbitos pragados de explotación e discriminación, illados de moitos dos seus coetáneos emigrantes, porque o seu mundo era moita máis fluido, máis volátil, máis liquido. Eran traballadores marítimos. E, máis do que nos puidera parecer, algúns deles tamén exerceron como sindicalistas, como verdadeiros lideres sociais desa clase de traballadores desposuídos e abandonados. E, por suposto, a súa memoria permaneceu oculta. Como a de tantos outros traballadores e traballadoras. Tan oculta como era a existencia dos fogueiros, sempre entalados por baixo da cuberta, como homes-máquina que acompasaban o ser ritmo vital coa cadencia das caldeiras, dos motores e das orde que viñan de enriba. Tan oculta como as vidas fuxidías, tal que sombras, dos homes que cargaban e descarbagan os barcos, invisibles no seu trabal

Artículos relacionados

Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €
Unha Historia de nós

Unha Historia de nós

Diego Dios, Pablo

Editorial Galaxia, S. a.

Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo...

19,50 €