?Comezar polo neno? é un dos libros máis políticos de Mario Lodi,un mestre que creu na innovación educativa, no poder liberadorda educación e na democratización da escola.Publicado por vez primeira en 1977, é o texto fundamental da súaactividade pedagóxica e continúa a ser referencia para unha reflexiónsobre a relación entre os nenos e a escola. Lodi trasládanos a súaobservación atenta sobre o modo de pensar e aprender dos nenos enenasa partir da aula como lugar de intercambio, formación econfrontación.Defensor dun modelo escolar en que se potencien as capacidadesexpresivas e creativas do alumnado, estimulando o pensamentoreflexivoe os valores democráticos, esta obra servirá de acicate para quenquereseguir traballando por unha ensinanza activa, por unha escola baseadaenvalores como a solidariedade e a cooperación, na que cada neno e nenapoidan desenvolver as súas propias actitudes e intelixencias, asícomoas súas habilidades expresivas e creativas.