A Marin~a e´ fe´rtil campo de lendas, ritos e mitos, relatos que se nutren dun abondoso imaxinario gobernado por criaturas como as mouras (vellas e mozas), mouros, heroes e heroi´nas, monstros terrestres e marin~os, sereas, fantasmas, meigas, demos, a´nimas, santos, santas, monstros, lugar de casas encantadas, vilas asolagadas, tesouros, milagres e prodixios, que de todo hai. Des que se moldeou a lama primixenia, a Marin~a foise facendo asi´, aos poucos,
o que hoxe e´, un Parai´so!
A quen non lle apetece sobrevoar a Marin~a para contemplala suspendido dunha nube de ne´boa salgada! Quen se resiste a pasear ae´reo do Eo ao Sor, do Xistral, valo de ne´boas e berce da friaxe dos ventos e das neves, ao Mar da Masma, leito onde se bican amorosas as augas de todos os nosos ri´os!
Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento a ese son~o.
Antonio Reigosa
https://www.youtube.com/watch?v=5GVRaEt52-4