Castelao en Pontevedra (1916-1936)
Pérez Ramudo, Miguel
Miguel Pérez Ramudo, licenciado en BBAA na facultade de Pontevedra, xa ten experiencia facendo banda deseñada de xénero biográfico: no ano 2020 obtivo o 1º Premio de Banda Deseñada Xuventude Crea pola obra Joaquín Vaamonde (1871-1900) Unha promesa truncada da Xeración Doente e no 2021, coincidindo co ano das Letras Galegas dedicado a Carballo Calero, publica con Lela Edició...
Sinopse
Miguel Pérez Ramudo, licenciado en BBAA na facultade de Pontevedra, xa ten experiencia facendo banda deseñada de xénero biográfico: no ano 2020 obtivo o 1º Premio de Banda Deseñada Xuventude Crea pola obra Joaquín Vaamonde (1871-1900) Unha promesa truncada da Xeración Doente e no 2021, coincidindo co ano das Letras Galegas dedicado a Carballo Calero, publica con Lela Edicións Ricardo Carvalho Calero Unha Biografía En Viñetas.
Agora acomete o proxecto dedicado a Castelao e centrado no período pontevedrés, tan determinante para a súa traxectoria vital, artística e política.
Esta banda deseñada recibiu o apoio do Museo de Pontevedra.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados