Saltar contido
Breviario de Heterónimos

Breviario de Heterónimos

Libro de Aforismos, Relatos, Haikus e Cancións

Carlos Rafael (Comp.) Antón Buciños (Foto)

Este traballo "compilado" por Carlos Rafael, Breviário de heterónimos, é un libro onde a través de distintas formas de expresión literaria que dan voz a Eloi Campos, Karasune Mafarose e demais carnaval de nomes e máscaras dalgún día, o autor dunha maneira sintetizada mais moi certeira fai unha grande literatura acompañada das fotografías de Antón Buciños. Artista, fotógrafo, et...

Editorial:
Saurobuks
12,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Este traballo "compilado" por Carlos Rafael, Breviário de heterónimos, é un libro onde a través de distintas formas de expresión literaria que dan voz a Eloi Campos, Karasune Mafarose e demais carnaval de nomes e máscaras dalgún día, o autor dunha maneira sintetizada mais moi certeira fai unha grande literatura acompañada das fotografías de Antón Buciños. Artista, fotógrafo, etc. que día a día móstranos nas redes e noutros formatos todos os seus pasos e pedaladas que lle levan a percorrer lugares urbanos e naturais de onde extrae imaxes que non poden non ser olladas con asombro.

Os heterónimos de Carlos Rafael, autor ourensán, ao igual que Buciños, dan voz a haikus, cancións, aforismos, relatos... como dicíamos bocados algúns máis grandes e outros máis pequechos pero son auténtica alta cociña literaria dun home que leva unha morea de anos adicándose dentro do eido cultural, social, etc. a un montón de actividades. Escribindo, recitando poesía (moitas veces non necesariamente del mesmo), facendo teatro, vinculado á música, inmerso nos movementos sociais ourensáns, etc.

Desde Saurobuks parecíanos non só de recibo senón, dalgunha maneira, de xustiza que vira publicado este seu primeiro libro unha persoa que seguramente, coñecéndoo, nunca tivo demasiadas pretensións de facer tal cousa. Mais con nós non lle quedou outra ??

É un libro que tardou en chegar mais, ao fin, está aquí e agardamos que teña a acollida que merece porque poucas veces edítanse libros procurando a autoxestión, a colaboración mutua, o desinterese ben entendido, o potenciar o local nesta cidade onde hai un montón de xente facendo cousas desde sempre. O pequeno altamente grande.

O outono está aquí, non o podemos evitar... Construamos unha grande fogueira coas follas secas e brindemos á saúde de Antón Buciños e Carlos Rafael.

Artículos relacionados

O Patio

O Patio

Eduardo Estévez / Marga Crespo

O Bidueiro

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobr...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Polos Fíos Da Memoria

Polos Fíos Da Memoria

Castro García, Matilde

O Bidueiro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame d...

10,00 €
Calixe

Calixe

Sara Plaza / Blado Ramos

O Bidueiro

o segundo título da colección "folla de bido" é a primeira parte do intercambio poético entre dúas voces que, por camiños moi diferentes, teñen xa un lugar de relevo na poesía galega contemporánea. Son, ademais, dúas persoas moi queridas para a nosa casa.Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2020 co vibrante todos os pasos fan ruído leva desde aquela tecendo unha voz ...

14,00 €
Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

Edicións Malafera

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €