AVENTURAS ESPACIAIS DE T E RONNI

AVENTURAS ESPACIAIS DE T E RONNI

 

17,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
FUNDACIÓN EUSEINO?
Materia
Infantil cómic
ISBN:
978-84-121580-7-6

Coma un regreso aos tebeos, ás viñetas que contaban aventuras de piratas e viaxes espaciais, con fantasía e humor, os debuxos de Maks cambian a orde esperada, introducen a sorpresa. ¿Quen ía pensar que no espazo podería haber un Furancho Subterráneo? Os protagonistas, T e Ronni, un cabaleiro e o seu escudeiro, navegan cara ao planeta Tibi, enfróntanse con enxeño a perigos e situacións extraordinarios.

En Aventuras espaciais de T e Ronni amósase a precocidade dun debuxante con gusto pola composición das viñetas, da páxina e da escena, despreocupándose da marcha da historia, que queda nas mans do humor e fai innecesario respectar a convención da lóxica narrativa, substituída pola alusión humorística a referencias moi presentes na mente de quen le e de quen, sobre todo, mira. Porque, no cómic, a mirada ten unha dirección e un senso, a diferenza da contemplación en pintura, que carece desa intención.

Composición de páxina, sintaxe ás veces afouta que non racha coa convención do cómic, papel lúdico e humorístico dos modelos adoptados como referencia: a intuición precoz de Maks xorde dunha apredizaxe inextricablemente unida á vivencia, non dunha apredizaxe curricular nin académica. No seu caso, o debuxo forma parte da vida, é un xogo que recupera a anterga relación entre ludus e aprendizaxe, unha relación na que o lúdico da alusión vai indisolublemente unido a ese asumir algo como propio que está na base de toda aprendizaxe xenuína.

Un cómic que volve con azos novos a un xeito de debuxar no que a liña se solta e os personaxes se fan tan familiares que acaban por ser abraiantemente persoais. No ronsel de
Gilbert Sheldon e das pioneiras tiras dos xornais. Sen efectos secundarios e recomendadas para calquera idade, estas historias son unha pílula para recuperar o sorriso.

Artículos relacionados

  • HERMANA PEQUEÑA PEQUEÑA CANGURO 5
    FARINA, KATY
    KAREN NO QUIERE LLEVAR GAFAS¡Karen tiene que ponerse gafas! Ella no las quiere, sobre todo porque las fotos del colegio se van a hacer pronto.Pero elige unas muy bonitas de color rosa y piensa que le hacen muy mayor. Pero Ricky Torres empieza a ponerle motes en el colegio. Si Karen se pone las gafas para la foto del colegio, Ricky se burlará de ella. Si no las lleva, parecer...
    En stock

    15,90 €

  • IDOL!
    CHAN, ALBA / ENE
    Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en «Idol!», un «talent show» onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música. Pero non vai ser nada doado. A Vega, a súa familia púxolle como condición manter a media de sobresaliente no instituto. Ámbar, pola súa banda, ten que enfrontarse a unha realidade ...
    En stock

    13,50 €

  • ESPECIAL OLIMPIADAS 2024
    IBAÑEZ, FRANCISCO
    Coincidiendo con la celebración de las Olimpiadas de París 2024, Mortadelo y Filemón nos explicarán los entresijos, secretos y todo lo que hay que saber sobre el máximo evento del deporte mundial en este álbum especial. Una edición especial que hará las delicias de los fans de los dos agentes. ¡No se lo pierdan! Mortadelo y Filemón se disponen a desvelarle todas las c...
    En stock

    15,95 €

  • ENAMORADA
    CORTES, CLARA
    Una novela gráfica para fans de Heartstopper, de la mano de una de las voces más consolidadas del panorama juvenil español BUM, BUM ¿Por quién late tu corazón Ada Martin tiene la vida perfecta: es guapa, lista y popular. Sus padres sólo quieren lo mejor para ella y sus amigos la adoran. Ella sabe que tiene suerte, que no podría pedir más. Sin embargo, mientras los ojos...
    En stock

    15,95 €

  • CAMIÑO DE SANTIAGO
    CASTIÑEIRAS ISORNA, FAUSTO
    Simón Martel - a heroína máis lonxeva da historieta galega- pon as botas e a mochila para vivir unha dobre aventura no Camiño de Santiago: do Cebreiro a Compostela e de alí a Fisterra/Muxía, acompañada polos seus inseparables amigos e novos personaxes que lle irán mostrando que este itinerario vai moito máis alá da peregrinación. ...
    En stock

    14,00 €

  • CAMINO DE SANTIAGO
    FAUSTO ISORNA / GEMMA SESAR
    Simón Martel - la heroina mñas longeva de la historieta gallega- se calza las botas y la mochila para vivir una doble aventura en el Camino de Santiago: de O Cebreiro a Compostela y de allí a Fisterra/Muxía, acompañada por su inseparables amigos y nuevos personajes que le irán mostrando que este itinerario va mucho más allá de la peregrinación. ...
    En stock

    14,00 €