Ás Voltas Coa Diversidade Cultural
As Conferencias de Claude Lévi-Strauss para a Unesco
Lévi-Strauss, Claude / Álvarez Castro, José María
A defensa do noso idioma é unha batalla fundamental dun obxectivo máis amplo, a supervivencia da nosa cultura, o cal á súa vez se enmarca no contexto da interacción entre as diversas identidades culturais do noso planeta. Tanto a tentativa de preservarmos en xeral a diversidade cultural como a de mantermos viva en concreto a nosa lingua veñen sendo obxecto nos últimos tempos de...
Sinopse
A defensa do noso idioma é unha batalla fundamental dun obxectivo máis amplo, a supervivencia da nosa cultura, o cal á súa vez se enmarca no contexto da interacción entre as diversas identidades culturais do noso planeta. Tanto a tentativa de preservarmos en xeral a diversidade cultural como a de mantermos viva en concreto a nosa lingua veñen sendo obxecto nos últimos tempos de agresións máis ou menos explícitas, máis ou menos bastas, mais nunca inocuas. É por iso que recollemos neste volume as conferencias que o egrexio antropólogo Claude Lévi-Strauss elaborou por encomenda da UNESCO contra o racismo, sentando as bases dunha civilización mundial na que as diversas culturas poidan perpetuar a súa orixinalidade de xeito harmónico. Estamos daquela a botar man de décadas de esforzo internacional na procura dun consenso sobre diversidade cultural, e a empregalas como compás co que navegarmos en galego no mar da civilización mundial.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados
Outros libros do autor