Saltar contido
As Fugas de Recursos, Mito Ou Realidade Colonialista en Galicia?

As Fugas de Recursos, Mito Ou Realidade Colonialista en Galicia?

Análise a Través Das Políticas Europeas de Innovación Empresarial

Sande Veiga, Diego

O obxecto do presente traballo constituíu desde o primeiro momento unha tentativa de avaliar a existencia ou non de relación de colonialismo económico en Galicia, empregando como fío condutor as políticas europeas. Ao longo da obra o autor explica a forma en que se vertebra a xestión económica destas políticas por parte das administracións públicas dentro do marco de gobernanza...

Editorial:
Universidade de Vigo
Ano de edición:
2024
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-1188-002-2
Páxinas:
117
Encadernación:
Rústica
10,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

O obxecto do presente traballo constituíu desde o primeiro momento unha tentativa de avaliar a existencia ou non de relación de colonialismo económico en Galicia, empregando como fío condutor as políticas europeas. Ao longo da obra o autor explica a forma en que se vertebra a xestión económica destas políticas por parte das administracións públicas dentro do marco de gobernanza europeo, estatal e autonómico, o que permitirá contrastar a realidade actual da execución dos fondos europeos cos conceptos que circundan á orde colonial. Con este fin explicativo da realidade, e cunha intención construtiva, realizouse unha fonda análise da execución das políticas europeas en Galicia desde unha perspectiva sistémica, poñendo no foco ás políticas de innovación empresarial, unha área fundamental para o desenvolvemento económico futuro da Comunidade Autónoma. A minuciosidade da descrición da execución dos recursos, dos axentes involucrados, das fraquezas identificadas e dos resultados dos programas analizados, permiten converter esta obra en única e singular polo intenso e complexo traballo de entrelazamento de datos provenientes dunha exuberante multiplicidade de fontes. Un traballo do máis apaixonante que vén poñer luz na interpretación das relacións económicas derivadas da xestión dos fondos europeos

Artículos relacionados

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €