Saltar contido
A Relixión Do Mar

A Relixión Do Mar

Iglesias Lamela, Xosé

A relixión do mar, do fisterrán Xosé Iglesias, conseguira o premio de poesía Victoriano Taibo no ano 2016. Tras unha edición esgotada en pouco tempo e de difícil acceso, a editorial Caldeirón volve felizmente reeditalo nestas datas, cun fermoso prólogo de Felipe Senén e nunha edición corrixida e aumentada. Declárome un verdadeiro apaixonado deste libro como tiven ocasi...

Editorial:
Caldeiron
Ano de edición:
2020
ISBN:
978-84-120762-3-3
Páxinas:
128
Encadernación:
Rústica
13,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A relixión do mar, do fisterrán Xosé Iglesias, conseguira o premio de poesía Victoriano Taibo no ano 2016. Tras unha edición esgotada en pouco tempo e de difícil acceso, a editorial Caldeirón volve felizmente reeditalo nestas datas, cun fermoso prólogo de Felipe Senén e nunha edición corrixida e aumentada.

Declárome un verdadeiro apaixonado deste libro como tiven ocasión de manifestar na súa presentación na viguesa libraría Cartabón hai xa algún tempo. As razóns desta devoción son de diversa índole pero supoño que me arrastra esa lectura que o entende como un fermoso vademécum, intenso e emocionante, sobre a vida do mar e sobre a vida no mar, se cadra mesmo sobre as dimensións que abraza o mar na propia existencia. É, asemade, un libro para aprender porque ofrece leccións, sen ser esa a súa intención, sobre saberes e experiencias; un libro operativo para amar a poesía e saber das velas místicas, para coñecer que é o raio de Xúpiter e cal é, cal foi, o traballo dos carpinteiros da ribeira, reconstruíndo un imaxinario de nós para navegar do Mar de Dentro ao do de Fóra, acompañados coas xerfas, argazos, almeiros, arneiróns, cardumes e ardentías.

Xosé Iglesias pertence, por dereito propio, a esta estirpe de salitre e salseiros, que souberon sentir o mar e nolo ensinaron con outra ollada. Constrúe unha cartografía singular, identitaria, persoal e colectiva, nun ronsel que vai dos trobadores medievais a Gonzalo López Abente, Avilés de Taramancos, Manuel Antonio, Bernardino Graña, Alexandre Nerium ou Miro Villar entre outras voces.

Pareceume sempre, e volve parecerme agora, A relixión do mar un libro-agasallo calafateado con esmero e talento, en ocasións un verdadeiro mayday polo que se perde, ás veces un canto á esperanza dominado polo amor ao mar. O nordés alimenta as velas de relinga que propulsan esta nova singradura, onde o barco é un deus, onde o mar é a fe.

Este texto publicouse na sección "Ex umbra in solem", do suplemento Fugas de La Voz de Galicia, o 2 de outubro de 2020.

Artículos relacionados

Litoral

Litoral

Varios Autores

Editorial Renacimiento, S. a. (Sevilla)

«Estamos haciendo aquí en Málaga entre unos amigos una revista maravillosa para cosas del mar, solamente del mar (poesía, dibujo, música...) y como es natural, nos hemos acordado en seguida de ti para que nos ayudes con tu esfuerzo». Así escribió Emilio Prados en junio de 1925 al pintor Manuel Ángeles Ortiz, comentando el proyecto que tanto él como su gran amigo Manuel Altolagu...

24,90 €
Tiempo y Caída

Tiempo y Caída

Andres, Ramon

El Acantilado

Tiempo y caída despliega, bajo la honda mirada de Ramón Andrés, el inventario lírico del Barroco, que es tanto voluntad de estilo como escisión espiritual. Lo mudable, lo fugaz y la inquietante cuenta atrás de la existencia hallan así adecuada glosa y catálogo de la mano de una completa nómina de poetas, tanto mayores como menores, tomados siempre de ediciones autorizadas. El v...

50,00 €
Nuevos Dichos

Nuevos Dichos

Cadenas, Rafael

Visor Libros, S. l.

Rafael Cadenas (Barquisimeto, Venezuela, 1930), sin duda, es una de las voces poéticas más coherentes y respetadas de Hispanoamérica. En 2022 fue galardonado con el Premio Cervantes. «Estos dichos son eso, frases rescatadas de conversaciones con amigos, anotaciones de un profesor de literatura inglesa y española, reflexiones de un lector devoto de sus autores, apuntes del cami...

14,00 €
La Realidad y el Deseo (1924-1962)

La Realidad y el Deseo (1924-1962)

Cernuda, Luis

Alianza Editorial, S. a.

Miembro de la Generación del 27, Cernuda desarrolló una obra inconfundible, atravesada por la búsqueda de una libertad siempre amenazada. Luis Cernuda concibió La Realidad y el Deseo como una urgencia física. Escribía para exorcizar la angustia de ver pasar el tiempo, para apresar el impacto de la belleza antes de que desapareciera. Y, sin embargo, el motor de este libro es una...

15,95 €
Cimbra

Cimbra

Morábito, Fabio

Visor Libros, S. l.

«El título de este libro se debe a una feliz coincidencia. Al lado del hotel en el que me alojaba estaban construyendo otro. Unos cuarenta albañiles se afanaban en levantar la cimbra, ese ensamble de tablas y tablones que tiene una existencia tan efímera como esencial en la construcción de un edificio. Colgando a menudo en el vacío, martillaban, serruchaban y amarraban con alam...

14,00 €
Colvmnae

Colvmnae

Siles, Jaime

Visor Libros, S. l.

Jaime Siles (Valencia, 1951). Catedrático de Filología Latina, ha traducido a Wordsworth, Paul Celan, Arno Schmidt, Hans R. Jauss y Martin Walser; es autor de libros de ensayo y de diversas monografías de carácter lingüístico y literario. En 1983, su obra Música de agua obtuvo el Premio de la Crítica, y el Premio Fundación Loewe con Semáforos, Semáforos, en 1989 y en 1999 el Pr...

14,00 €

Outros libros do autor

Atlántico Norte, Chamádeme Ismael

Atlántico Norte, Chamádeme Ismael

Iglesias Lamela, Xosé

Caldeiron

9,00 €