Saltar al contenido principal
A Pousa Da Libélula

A Pousa Da Libélula

Bilingüe Galego Xaponés

Esperanza L.mariño Davila

A grandiosidade e fermosura da natureza, contemplada devagar a través das estacións anuais, constitúen o ámbito propicio para a reflexión, matizada pola gradación da luz co pasar das horas ou o luar, a impoñente presenza do mar -e, en menor medida, dos ríos- xunto cunha fauna e flora características (caramuxos, pegas, ameneiros, vide, azucenas, toxos, mirto etc.). Así, a libélu...

Editorial:
Medulia Editorial S. l.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-19438-99-7
Páxinas:
68
Encadernación:
Rústica
Colección:
Poesía
14,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

A grandiosidade e fermosura da natureza, contemplada devagar a través das estacións anuais, constitúen o ámbito propicio para a reflexión, matizada pola gradación da luz co pasar das horas ou o luar, a impoñente presenza do mar -e, en menor medida, dos ríos- xunto cunha fauna e flora características (caramuxos, pegas, ameneiros, vide, azucenas, toxos, mirto etc.). Así, a libélula convértese nun símbolo tanto do mundo natural como da vida humana e os seus avatares; os temas prioritarios son o paraíso perdido da infancia, o medo, o soño, a soidade, o amor e a morte. Tamén se introducen testemuños dunha sociedade incapaz de remediar a mendicidade, a praga dos incendios ou a guerra. Os haikus d'A pousa da libélula, en fin, enfatizan o contraste entre a constante renovación fronte á brevidade da vida. Traducidos ao xaponés, compleméntanse cos gravados ukiyo-e, ponderando a beleza do efémero.

Artículos relacionados

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

A Virxe Do Cristal

A Virxe Do Cristal

Curros Enriquez, Manuel

Unha das máis enigmáticas lendas galegas revive nesta coidada reedición d´"A Virxe do Cristal", un dos poemas narrativos máis emblemáticos e conmovedores de Manuel Curros Enríquez.Entre o misterio, a tradición popular e a forza da paisaxe galega, este libro mergúllanos nun universo onde o sabrado e o humano se entrelazan nun delicado equilibrio. ...

12,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

Con Pólvora y Magnolias

Con Pólvora y Magnolias

Méndez Ferrín, Xosé Luís / Mendez Ferrin, Xose Luis

A aparición, en novembro de 1976, de Con pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín, supuxo toda unha revolución cultural. Esta obra marcaría un novo tempo para a poesía galega. Pola calidade e novidade do seu verso, mais tamén polo seu singular formato e deseño. Unha coidada edición facsimilar de Alvarellos Editora rescata agora esta obra emblemática, cando se cumpren...

22,90 €

Tríade

Tríade

Vázquez Chantada, Francisco

Tríade é un proxecto de evolución poética, que abarca unha década de creación, a través de tres poemarios escolmados. Dende "A forza das cousas" (1996): poesía que atende o cotián, o ritmo vital dos días e das cousas. Em " A historia que sabemos é vivir" (2000), os poemas acadan un perfil intimista. Vestixios que falan de periplos sentimentais e do mundo. Ata os que m...

14,00 €