A Nai Sombra
Virgo, Seán
Namorado dunha misteriosa moza que coñecera onda o mar, o protagonista desta adaptación de varias lendas da cultura selkie -vencellada a criaturas mitolóxicas acuáticas con raigame en Irlanda, Escocia, Islandia e as illas Feroe- toma a súa sombra para evitar que esta o abandone. Pasado o tempo, o fillo de ambos descubrirá un antigo cofre que lle pertencera ao seu pai na súa épo...
Sinopse
Namorado dunha misteriosa moza que coñecera onda o mar,
o protagonista desta adaptación de varias lendas da cultura selkie
-vencellada a criaturas mitolóxicas acuáticas con raigame
en Irlanda, Escocia, Islandia e as illas Feroe- toma a súa sombra
para evitar que esta o abandone. Pasado o tempo, o fillo
de ambos descubrirá un antigo cofre que lle pertencera ao seu pai
na súa época de navegante; o tesouro que contén determinará
o seu futuro.
O amor e a nostalxia están presentes neste texto de palabras
engaiolantes directas; unha historia soñadora, de sabor agridoce
pero de intensa beleza. Humanos, peixes e outros seres
fantásticos superpóñense e fusiónanse sen límites
nunhas ilustracións hipnóticas e de sobrio colorido,
de rotunda expresividade e atmosfera portentosa.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Información de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados